14/7/16

Voaban andoriñas...

O pasado mes de Xuño tivemos a oportunidade de colaborar, unha vez máis, nunha labor de protección e conservación da natureza. Neste caso foron as aves e,concrétamente, a andoriña de cu branco (Delichon urbicum).
A actividade consistiu nun censo ou reconto de niños nos concellos de Salceda e a veciña Salvaterra, que alberga unha das maiores colonias deste hyrundínido en Galicia. Isto pode ofrecernos datos para comprobar a evolución das poboacións e os posibles problemas.
Xunto con membros de Matogueira e Lazoiro pasamos unha fermosa tarde onde puidemos, ademais, compartir diferentes cuestións e problemas relacionados coa que foi Ave do Ano en Galicia no 2015.
Estes foron os resultados:
Salceda -  En todo o centro da vila: 28 niños activos, 9 sen actividade aparente e 16 rotos.
Salvaterra - 189 niños enteiros e 311 desfeitos. A maioría dos niños atópanse na parte baixa da vila, preto do Miño.
Ata onde podemos chegar a saber e cos datos que manexamos, as poboacións  manteríanse bastante estables con respecto a outros anos. Isto é unha boa nova xa que outros concellos galegos están sufrindo un descenso considerable provocado pola acción humana. A rotura de niños, o asfaltado de camiños e pistas onde recollían a lama para a fabricación dos mesmos, e a arquitectura actual son uns dos factores máis directos.
Dar as gracias ó compañeiro David Sobreira por co-organizar esta xornada, foi un pracer realizala!

No hay comentarios: