21/9/11

MÓLLATE POLOS RÍOS



Este 2 de Outubro celebraráse a IV Limpeza Simultánea de Ríos. Xa levamos colaborando co Proxecto Ríos (quen organiza este día de Limpeza Simultánea en numerosos concellos de Galicia) dende o ano 2008.

É un día no cal voluntarios e voluntarias saen aos seus ríos para recoller o lixo que atenta contra a riqueza dos nosos ecosistemas fluviais. Miles de quilogramos de refugallos xa foron extraídos de moitos ríos galegos polos centos de voluntarios/as que teñen participado nas limpezas anteriores.

Animámosvos a participar este ano para que vos acheguedes ao voso río e recollades ese lixo que acaba coa súa biodiversidade e beleza.

O máis importante deste día é a labor de concienciación social que entre todos e todas realizamos. Axudamos a manter un bo estado de conservación nos nosos ecosistemas fluviais e facémoslle ver á cidadanía que as pequenas accións valen moito.

Como cada ano, limparemos un treito do noso Río Caselas.

Se estás interesado en participar podes porte en contacto con nós:

Correo: trezecatorze@gmail.com

Tlf: 615421199

15/9/11

II Andaina Pola Protección da Serra do Galiñeiro


Aloia-Galiñerio

Por unha serra sen eólicos !!

- Día: Domingo 18 de setembro de 2011

- Saída: Capela do Monte Aloia as 11:00 h

- Chegada: Parque Forestal do Galiñeiro (Vincios) 15:00 h

- Ruta lineal de aproximadamente 10 km (3-4 horas)

- Á Chegada lerase o manifesto. Poderás adquirir a túa camiseta do Galiñeiro. Faremos un xantar popular coa comida que traia cada un. Haberá música e animación.

- Recoméndase levar:

  • Calzado cómodo
  • Auga e comida para o final

- Autobuses desde Vigo e Vincios. Necesaria inscrición previa *

- Zonas de aparcamento no Aloia, Galiñeiro e Prado*

Convoca a Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro:

A Ría Non de Vende, ADEGA, A.C. Berra Val Miñor, AGA (Asoc.Galega Apicultura), Amigos da Terra, Asoc. ”Festa da Prehistoria”, Asoc. Trece Catorce, Asoc. Veciñal Casco Vello, Asoc. Veciños de Vincios, Asoc. A Groba, Asoc. Mundo Minero, C.C. As Pedriñas, C.M.V.M.C. de Chaín, C.M.V.M.C. de Couso, C.M.V.M.C. de Vincios, C.S. A Revolta, Club Escalada Montaña Azimut, Club Montañeiros Celtas, Club Peña Trevinca M.G., Clube de Montaña Xistra, Clube Espeleolóxico Mauxo, C S A Faisca, Federación A.A.V.V. Eduardo Chao-Vigo, Federación Galega Montañismo, Instituto de Estudos Miñoranos, Outrovigoéposible, Plataforma Defensa da Ría Cíes, Salvemos Monteferro, SOS Serra da Groba,Verdegaia.