25/10/11

Xornadas sobre Aproveitamento Multifuncional dos Montes Veciñais




venres, 28 as 16.30 horas:

Visita guiada polos montes veciñais de Vincios-Gondomar

Lugar de reunión: Centro Cultural de Vincios

sábado, 29 as 18.00 horas

Lugar: Salón de actos do Centro Cultural de Vincios

PONENCIAS

. Experiencias produtivas innovadoras nos montes comunais

por Xavier Simón, profesor de Economía Ecolóxica na Universidade de Vigo

. Abellas e biodiversidade

por Xesús Asorey, secretario da AGA, Asociación Galega de Apicultura

. O man común. Outro xeito posible

por Santiago González, secretario da Comunidade de Montes de Mouriscados (Mondariz)

MESA REDONDA

Coa participación do público en xeral, técnicos e Comunidades de Montes Veciñais

POR UNHA XESTIÓN SOSTIBLE DOS NOSOS MONTES

CLAUSURA

A cargo do Presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes,

Xosé Alfredo Pereira

domingo, 30 as 10.30 horas

Visita guiada polos montes veciñais de Couso-Gondomar

Lugar de reunión: Centro Cultural de Vincios

Teléfonos de contacto:

Xosé Manuel Docampo 665 10 60 32

Oficiña da Comunidade de Montes de Vincios: 986 46 96 92. O horario de oficiña é : de luns a venres de 9 a 14 horas e de 16 a 19 horas.

Vos esperamos…

16/10/11

IV Xornadas de ConCiencia Ecolóxica




PROGRAMA

Apadriñamento dun treito do Río Caselas (sábado 22, ás 11:00h): A Asociación C.D.E. Treze Catorze, en colaboración con Adega, vai apadriñar un treito do Río Caselas. Con este acto simbólico realizarase unha análise da calidade das augas para comprobar en que estado se atopan. A Treze Catorze será a encargada, desde entón, de vixiar periodicamente que nese treito do río se conserve un ecosistema saudable. (Saída ás 10:30h desde a Pza. do Concello.)

Obradoiro de instrumentos musicais (sábado 22, ás 16:30h): Actividade pensada para os cativos e as cativas onde se elaborarán distintos instrumentos musicais a partires de materiais reciclados que todos e todas atopamos a cotío nas nosas casas.

Charla “A importancia do solo como medio vivo en agricultura ecolóxica” (sábado 22, ás 18:30h): O enxeñeiro agrícola, Javier Grien Vecino, faranos ver a relación que existe entre a importancia de empregar a biodiversidade do solo para conseguir condicións óptimas nun cultivo ecolóxico.

Charla “Pinturas ecolóxicas” a cargo do Pintor de Quins (sábado 22, 19:30h): Desta charla sairemos convencidos de que as pinturas convencionais coas que actualmente pintamos os nosos fogares non son nada apropiadas, entre outras cousas, pola cantidade de volátiles tóxicos que conteñen. O pintor de Quins (Ourense) será o encargado de contarnos a súa experiencia persoal e o porqué de traballar con produtos naturais. De seguro que non nos vai deixar indiferentes.

Visita a “Ecocelta” (domingo 23, ás 11:00h): A empresa Ecocelta, adicada á fabricación de fertilizantes orgánicos e substratos para a xardinaría a través da compostaxe e da vermecultura, terá a xentileza de abrirnos as portas para amosarnos as súas instalacións e como elaboran os seus produtos. Ademáis, analizarán as diferenzas e vantaxes que existen ao empregar os seus produtos naturais fronte ós convencionais. Será una visita guiada por Sergio Quiroga, socio fundador de Ecocelta. (Saída ás 10:00h da Pza. do Concello).

Obradoiro “Fai a túa camisola” (domingo 23, ás 16:30h): Neste obradoiro animaremos a darlle nova vida ás vellas camisolas exercitando para iso o talento e a imaxinación. Os participantes, axudados polos monitores de Tinta de Lura e por medio de diversos xogos e dinámicas de escrita creativa e debuxo, deberán exercer de deseñadores para crear os lemas e os deseños que han lucir nas súas propias camisolas. Requirimentos: cada participante deberá achegar unha camisola usada para realizar o obradoiro, a poder ser branca ou clariña e sen debuxos nin deseños.

Charla “Cooperativa de Consumo: vantaxes e dasafíos” (domingo 23, ás 18:30h): A Sociedade Cooperativa Galega “Árbore” é un claro exemplo do bo funcionamento que pode acadar un colectivo de consumo de produtos ecolóxicos. Dous membros pertencentes a distintas cooperativas falarannos da súa experiencia e mostrarannos o cómo e porqué de formar parte dunha delas.

Proxección do cinema “Os nosos fillos acusarannos” (domingo 23, ás 19:30h): Un documental francés de Jean-Paul Jaud sobre a primeira xeración de nenos e nenas da historia que vivirá menos que os seus pais ó estaren expostos desde a infancia a unha gran cantidade de tóxicos, principalmente, a través da alimentación.

5/10/11

15 DE OUTUBRO - UNIDOS POR UN CAMBIO GLOBAL




O 15 de outubro persoas de todo o mundo tomarán as rúas e as prazas. Desde América a Asia, desde África a Europa, a xente está a levantarse para reclamar os seus dereitos e pedir unha auténtica democracia. Agora chegou o momento de unirnos todos nunha protesta non violenta a escala global.

Os poderes establecidos actúan en beneficio duns poucos, desatendendo a vontade da gran maioría, sen importarlles os custos humanos ou ecolóxicos que teñamos que pagar. Hai que pór fin a esta intolerable situación.

Unidos nunha soa voz, faremos saber aos políticos, e ás elites financeiras ás que serven, que agora somos nós, a xente, quen decidiremos o noso futuro. Non somos mercadoría en mans de políticos e banqueiros que non nos representan.

O 15 de outubro atoparémonos nas rúas para pór en marcha o cambio global que queremos. Manifestarémonos pacíficamente, debateremos e organizarémonos até logralo.

É hora de que nos unamos. É hora de que nos escoiten.



Tomemos as rúas do mundo o 15 de outubro!