23/9/08

NOVA REUNIÓN: O XOVES 25 ÁS 21:3O NA DEVESA

Os puntos a tratar son:
  1. Todo o relacionado ca limpeza do río.
  2. Seguir barrenando coas xornadas de concienciación.
  3. Rogos, preguntas, ideas, ...
Por favor, prégase asistencia que senón logo os que si vamos quedamos con sensación triste e melancólica de non chegar a ningunha conclusión sensata e logo, claro, pasa o que pasa... que a asociación é unha merda, que non hai vergüenza, que somos uns pasotas, que o presi chega borracho, ... ... ...

11/9/08

CONVOCATORIA DE REUNIÓN, POR FIN!! O XOVES 18 ÁS 21:30 NA DEVESA

Ola de novo a todos e todas!

Como todas as institucións importantes deste país cando chega setembro, a A.C.D.E. Treze Catorze inicia o curso apolítico, contraxurídico e anticonstitucional coas pilas cargadas e con ganas de reventar esta mierda toda, por iso:

Convócase unha reunión para o vindeiro xoves 18 de setembro ás 21:30 na Devesa.

Os puntos do día son: A ecoloxía. O asociacionismo. E a festa.

Repito, o xoves 18 ás 21:30 na Devesa. Por favor, sede puntuais que logho faise noite e pasa o que pasa...

Un saúdo.