10/10/12

As V Xornadas de Conciencia Ecolóxica

 
 
Os vindeiros 27 e 28 de outubro a A.C.D.E. Trezecatorze celebra as V Xornadas de Conciencia Ecolóxica. Desta volta a asociación ecoloxista centra as xornadas en dous eixos temáticos: a xestión da auga e as alternativas económicas no medio rural. Ao abeiro do auditorio municipal de Salceda de Caselas falarán persoeiros como Kike Benavides, experto en xestión da auga, e Cristina Sesto, Enxeñería sen Fronteiras de Galicia; realizaranse obradoiros de elaboración de produtos cosméticos e de limpeza e se proxectarán curtas e vídeos documentais sobre as temáticas. As Xornadas complétanse cunha exposición sobre o cambio climático e con dúas saídas a campo, nas cales os asistentes terán a ocasión de analizar un treito do Río Caselas —que a asociación ten apadriñado a través do Proxecto Ríos— así como visitar a granxa de caprino ecolóxico da Comunidade de Montes Veciñais de Cabeiras (Arbo). 



1/10/12

12/4/12

V Festa Treze Catorze, 12 de maio, Salceda





Contra a crise... Festa de balde!

A ACDE TREZECATORZE presenta a V Edición do seu festival de música e artes populares. Convencidos de que os cortes e recortes sempre empezan polo lúdico-cultural este ano celebramos o lustro cun espectáculo máis ambicioso que nunca e de balde coma sempre:

VENDETTA (Nafarroa). Única data en Galiza do grupo formado polos ex compoñentes de Skalariak que veñen desde a Comunidade Foral a presentar o seu segundo disco “Puro Infierno”.

TERBUTALINA (Muros). A esperanza máis irreverente da música galega presentará o seu novo traballo “Broncodilatador” que, segundo eles, “proporsiona e jarante un alivio rápido dos síntomas tales como o apapahostiamento e o lambeconismo”.

MARXE ESKERDA (Redondela). Logo dun primeiro disco de título homónimo (2010) presentarán en Salceda o seu novo traballo de estudio que sairá a luz no verán. Son contundente e sen bandeiras.

Ademais, desde o vermú (12:00h.) haberá: pulpeiro, grupos de gaitas (Os Chikilicatorzes+Grupo de gaitas Carballeira), circo de rúa, graffiteiros, danza, actividades de apoio ao 15-M, xogos populares, a charanga SGHAE, chourizada popular, bingo musical e o grande concurso de Saltos de 13-14´s!!!!

Todo isto, carpa e acampada incluída, máis algunha sorpresa, o 12 de Maio de 2012 en Salceda de Caselas.









9/4/12

NON TODO VAI SER FESTA!

A semana pasada a Treze Catorze fixo unha desas actividades que enchen, demos un paso máis na concienciación dos rapaces e rapazas de Salceda, visitando o IES Pedras Rubias para dar unha charla sobre Agroecoloxía e facendo un pequeno obradoiro moi lúdico sobre as diferencias entre os produtos convencionais e os ecolóxicos.
Graciñas ao profesorado de IES Pedras Rubias por confiar en nós, e aos rapaces e rapazas por aturarnos...

Seica non sobrou nadiña!








30/3/12

CONCURSO DE CAMISOLAS, será o último?

Aclaración do autor:
"A cor da rotulación é máis intensa. Perdeu calidade no escaneado!"



CONCURSO DE CAMISOLAS, último día e novos deseños

Aclaración do autor:
"Fucking Paint"





Aclaración do autor:
"MANDO DOUS MODELOS: 1 SÓ CON DEBUXO POR UN LADO E OUTRO PARA IMPRIMIR A CAMISOLA POLOS DOUS

EN ÁMBOLOS CASOS O FONDO DO LOGO DA 13-14 E DO 15 M SERÍAN A COR DA CAMISOLA (AMARELA) POLO QUE SÓ HABERÍA QUE IMPRIMIR A DOUS COLORES: NEGRO E VERMELLO."









28/3/12

CONCURSO DE CAMISOLAS, outro máis!

Aclaración do autor:

"Xa non me da máis a kabeza"












26/3/12

CONCURSO DE CAMISOLAS: E máis participantes!


Aclaración da autora: "os colores son aleatorios e o tipo de letra pódese cambiar"



21/3/12

CONCURSO DE CAMISOLAS: Novos deseños


Aclaración do autor:

"camisetas impresas no peito de cor a q ten o debuxo de fondo, por detrás o nome dos grupos co mesmo tipo de letra q o principal do peito e o logo 1314 en pequeno"












Deseño doutro concursante:







20/3/12

CONCURSO DE CAMISOLAS: Outro participante: AK 13/14

Aclaración do autor:

"Se isto non se amaña... CAÑA CAÑA CAÑAAAAAA!!!!!!"








19/3/12

CONCURSO DE CAMISOLAS: Primeiros deseños


Aclaración do autor:

"Os debuxos irían todos no peito, o color das camisolas sería o mesmo co debuxo, e por detrás irían os nomes dos grupos da festa deste ano."








5/3/12

CONCURSO DE CAMISOLAS

Un ano máis convócase o famoso, polémico, creativo e sempre disputado concurso para o deseño da camisola que se venderá este ano na nosa asociación.

Todo aquel que teña unha idea, esbozo, debuxo que queira presentar, que non o dubide. Aki acéptanse todo tipo de propostas! Non é fácil ser o elixido, pero a regueifa creativa non pode darse sen os vosos miolos! así que, todas a furrular!

Bases:

1º- Poderase presentar un número indefinido de debuxos por persoa.

2º- Hai que presentar a idea da camisola completa, é dicir, cor, debuxo, e onde vai ó debuxo.

3º- Os concursantes deberán enviar os seus deseños ó seguinte correo: piscojoe@hotmail.com

4º- A data límite de presentación será: venres 30 de marzo de 2012.

5º- O gañador/a decidirase en asemblea.

Xa sabedes que o premio e unha lata de melocotóns (dos bos) ademáis do mérito de ver a vosa idea plasmada no peito dun montón de xente!

Asi que animádevos, e que non decaia!


Ata outra!




2/2/12

Roteiro polos Montes do Morrazo en contra do parque eólico

O vindeiro domingo 5 de febreiro a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo organiza un roteiro polo espazo afectado polo proxecto de parque eólico que a Xunta pretende instalar no Morrazo.

O roteiro que sairá ás 10:30h desde o parque forestal de Chan de Arquiña terá un percorrido circular duns 7 kilometros.

Ao remate do percorrido, previsto para as 14h, está organizado un xantar popular no parque forestal de Chan de Arquiña, onde cada un/unha d@s asistentes leve ou comparta a súa comida.

Recoméndase que cada vehículo utilizado para acceder sexa compartido ao máximo de ocupación para así non masificar o punto de encontro en plena natureza.

O parque eólico de Pedras Negras, promovido pola empresa italiana Enel Green Power España SL, e incluído dentro do plan eólico galego pola Xunta de Galicia prevé a instalación de 14 aeroxeneradores de 119 metros de altura e 112 metros de diámetro de pás, a ocupación dunha explanada de 17 m2 de superficie por cada aeroxenerador, a apertura de novos viales e o ancheado doutros existentes que suman 17.302 metros lineais, 15.702 metros de gabias para instalación de cableado eléctrico e comunicacións, e unha subestación eléctrica.

A instalación do parque eólico tería as seguintes afeccións:

  1. Afectaría con movementos de terras para a apertura de pistas de acceso e gabias, mais coa instalación dos aeroxeneradores e a subestación eléctrica ás áreas naturais de monte Formigoso, Chan de Arquiña, Chan de Gagán, Chan de Xestoso, Serra Domego, Chan da Carqueixa, Chan de Pedras Negras, Os Candóns, Chan de Goa, Serra Basil e Outeiro da Charamiza, entre os 450 m. e os 600 m. de altitude situados na zona máis alta da península do Morrazo e preto dos altos de Monte Faro de Domaio e Coto do Home, as principais cimeiras con máis de 600 m. de altitude, integrado plenamente no espazo natural dos Montes do Morrazo, protexido como solo rústico de protección de espazos naturais polas normas subsidiarias de planeamento da provincia de Pontevedra.

  2. Ás amplas vistas panorámicas cara ás Rías Baixas entre a ría de Vigo e a de Pontevedra e moi preto da enseada de San Simón, espazo natural integrado dentro da Rede Natura. O impacto sumaríase a outros proxectos de parques eólicos nas serras da Groba e do Galiñeiro, en fronte da ría de Vigo e no monte Castrove, da de Pontevedra, incluídos así mesmo no citado plan eólico galego.

  3. A unha zona de importancia xeolóxica conformando unha paisaxe exclusiva de sucesión de relevos graníticos en altura con abundancia de rochas de distintas morfoloxías moldeadas polos axentes naturais dende tempos moi remotos.

  4. Aos nacementos dos ríos Loira, da Fraga, Miñouba e Riomaior, estes dous últimos coa súa desembocadura na Enseada de San Simón. Tamén a charcas estacionais, pasteiros húmidos e brañas.

  5. A monte mancomunado das parroquias de Santomé de Piñeiro (Marín), San Adrián de Cobres (Vilaboa) e Domaio (Moaña), con novas repoboacións forestais principalmente de Pinus pinaster e Pinus radiata, en substitución de anteriores plantacións de eucalipto, e onde a apertura de pistas e gabias, a construción de cada un dos aeroxeneradores máis a da subestación eléctrica implicaría a tala de arborado existente e a imposiblidade futura de repoboación nas zonas afectadas.

  6. A un rico monte baixo de matogueira, debido á abundancia e diversidade de especies de breixos, complementado con carpazas, xestas e toxeira, propios de ambientes nitrófilos, turbosos, e verdadeiros rexeneradores de solos pobres a nivel granítico, ou empobrecidos pola acción dos lumes.

  7. A especies arbóreas e de flora autóctona, mesmo endémica do noroeste ibérico.

  8. A unha gran variedade de fauna pola existencia de varios ecosistemas (acuáticos, monte aberto, bosques,…) e principalmente a aves e morcegos, onde os aeroxeneradores provocan unha grande mortandade entre as súas pás en movemento.

  9. Á área de protección de varios xacementos arqueolóxicos, principalmente mámoas megalíticas existentes entre as zonas de Chan de Armada e a propia de Chan de Arquiña, máis a área de protección dun petróglifo da Idade do Bronce, o de Outeiro do Gorgullo no monte Formigoso. Non se desbota que a parte destes xacementos catalogados e outros etnográficos existentes puideran ser afectados outros sen descubrir dada a abundancia existente por todo o espazo natural protexido.

  10. A usos sociais e deportivos, como a propia área de lecer de Chan de Arquiña, a zona de despegue de parapente no monte Gagán que imposibilitaría a súa prática aérea; o roteiro sinalizado existente de bicicletas de montaña. E aos núcleos rurais de poboación de San Lourenzo (Domaio) e Sobreira (Vilaboa) pola súa proximidade, que se vería afectados ademais de polo impacto das obras polo impacto acústico producido polas pás dos aeroxeneradores en movemento.

  11. Ás telecomunicacións por interferencias con respeto dos dous complexos de antenas existentes nos altos do Monte Faro de Domaio e de Coto do Home. E así mesmo, suporía unha suma de radiacións electromagnéticas pola subestación eléctrica proxectada.

O parque eólico parte dunha área de estudo cunha superficie moito maior de 4.300 Has. que recolle a totalidade do espazo natural protexido dos Montes do Morrazo máis parte do Carballal de Coiro, os dous espazos naturais protexidos terrestres máis importantes da comarca.

O espazo natural dos Montes do Morrazo é xunto co Carballal de Coiro o corredor natural necesario para enlazar o continente cos espazos naturais protexidos do litoral morracense (os LIC da Enseada de San Simón, Costa da Vela e Cabo Udra) e posúe a súa vez as condicións bioxeográficas, coa existencia de hábitats naturais prioritarios e de fauna e flora salvaxe, para formar parte así mesmo da Rede Natura, na que Galicia segue estando moi por debaixo da media do Estado en superficie protexida.

Galicia é excedente en electricidade, as súas zonas con maior potencial eólico xa están cubertas, e se necesitara subir a potencia eólica instalada actualmente bastaría con repotenciar os parques eólicos xa existentes.

O Morrazo, 1 de febreiro de 2012

Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo

defendeomorrazo.wordpress.com

defendeomorrazo@gmail.com