15/6/11

Non ao pacto do Euro 19.06.11

¡Democracia Real Xa! (19.06.11)

Non ao pacto do Euro

Domingo, 19 de xuño
Hora: 18:00 - 21:00
Praza de España - Vigo


¿Sabes o que se está a cocer en Europa? Pacto do Euro.

¿Sabes que a pesar das movilización do 15 de Maio (España, Grecia, Francia) todo segue igual e se quere seguir recortando dereitos e servizos? Pacto do Euro.

¿Sabías que se pretende que os recortes en España as dicte Bruxelas? Pacto do Euro.
QUE NON CHO CONTEN, ¡NFÓRMATE!


O Domingo 19 de Xuño tomaremos unha vez máis a rúa para reivindicar o dereito da cidadanía a unha economía e unha política xustas, igualitarias, democráticas e en servizo da sociedade, e non dos grandes capitáis.

Esta movilización é a nivel estatal e será secundada en todas as principáis cidades do estado, así como en múltiples cidades Europeas e extranxeiras.


OBXECTIVOS DA MOVILIZACIÓN:

1.- Plasmar o noso rexeitamento ao Pacto do Euro

2.- Mostrar a nosa indignación ante o acontecido en Plaza Catalunya cos antidistubios, a violencia de estado e a irresponsabilidade e impunidade do Sr. Felip Puig, Conseller de interior de Cataluña (Convergencia Democrática de Cataluña)

3.- Alzar a nosa voz en contra da pasividade da clase política ante as voces dos cidadáns que en masa saíron a rúa o 15M.

4.- Reivindicar as propostas de reforma expresadas por Democracia Real Xa, listadas nos 8 puntos plasmados na web da plataformahttp://www.democraciarealya.es/


Esta será unha manifestación pacífica, a voz do pobo que sae a rúa cansados de ser mercadorías en mans de políticos e banqueiros. Recordade que tanto a manifestación como o movimento 15M e un movimento cidadá de reivindicación política e social, apartidista e asindical. Por favor, abstédevos de traer a manifestación calquer tipo de simboloxía política, partidista, sindical ou relixiosa.

O primer obxetivo foi sacar a xente a rúa, crear conciencia social e pensamento crítico na nosa sociedade... lográmolo. Agora temos que lograr que os políticos non poidan seguir ignorando a voz do pobo.

Axúdate a conseguilo.

Únete, ¡tod@s xunt@s podemos!


PERCORRIDO:

Concentración en Praza de España para baixar pola Gran Vía até Praza de América, conectar con Avenida de Castrelos e rematar no Parque Quiñones de León (Castrelos).

2/6/11

Manifesto Xuventude SEN futuro


Nós, mozos a mozas, a xuventude sen futuro, dirixímonos à opinión pública para amosar o noso desacordo coa política de recortes sociais do Goberno, e a consecuencia máis grave e con maior impacto no futuro que estas medidas representan: a xuventude máis preparada da nosa historia vai vivir peor que os seus pais.

A agresión contra o colectivo xuvenil nun escenario de crise capitalista, cunha taxa de paro xuvenil do 40%, a máis alta da UE, materialízase principalmente en tres medidas:

  • A reforma laboral, que aumenta a temporalidade dos nosos contratos, a flexibilidade laboral e supón a desaparición da negociación colectiva, converténdonos traballadores/as precarios/as de por vida.

  • A reforma do sistema de pensións, que retrasa a idade de xubilación e reduce a contía das nosas futuras pensións e dificúltanos aínda máis atopar un traballo digno. Todo isto formúlanos un horizonte sen futuro.

  • A mercantilización da Educación Pública, que aposta pola rentabilidade privada, e non pola formación e o coñecemento. Unha universidade de elite para unha minoría e fábrica de precarios para unha maioría, con medidas que concretanse nunha nova selectividade que

    pon trabas ao acceso á universidade e na degradación da formación profesional.

Somos as mozas e os mozos a quen ás elites económicas e as políticas dos nosos gobernos quéren converternos na xeración sen formación, nin traballo, nin pensión digna. Aqueles que, ademais non imor ter unha casa na nosa vida, dende que os especuladores fixeron do dereito á vivenda un negocio co que enriquecerse; un modelo de crecemento económico que fracasou e xerou esta crise. Tomamos conciencia de que as medidas de saída da crise económica realizáronse a través dunha constante socialización das perdas.

Fronte á saída da crise pola dereita, nos, a xeración precaria, sinalamos aos culpables e reivindicamos ser escoitados.

Queremos recuperar a nosa capacidade para ser actores dun motor de cambio, combatendo un país de precariedade, desemprego e privatización da nosa educación. Somos ademais conscientes de que a mobilización e a loita teñen un sentido, pero sobre todo de que son necesarias; Italia, Francia, Grecia ou Islandia ensínannos que a mobilización é indispensable. O mundo árabe amósanos que a vitoria é posible.

Por iso facemos un chamamento a un ciclo de mobilizacións que recuperen a voz da xuventude na rúa, e facémolo extensivo á sociedade civil. Nos non nos fiamos, sabemos que isto soamente solucionarémolo sen os que causaron esta crise. Instamos a emprender a mobilización colectiva, a reivindicar o noso dereito a disentir, a reconstruír o noso futuro.

Os abaixo asinantes, estudantes e membros da comunidade educativa, xoves traballo

dores e traballadoras, movementos sociais, profesionais da ciencia, a técnica, mundo da cultura e das artes avalan coa súa firma este chamamento á mobilización.










«Quitástesnos demasiado, agora querémolo todo»

Manifesto DEMOCRACIA REAL XA

Somos persoas normais e correntes. Somos coma ti: xente que se levanta polas mañás para estudar, para traballar ou para buscar traballo, xente que ten familia e amizades. Xente que traballa arreo todos os días para vivir e darlles un futuro mellor a quen nos rodea. Algunhas destas persoas considerámonos máis progresistas, outras máis conservadoras. Unhas crentes, outras non. Unhas temos ideoloxías ben definidas, outras considerámonos apartidarias e outras apolíticas… Pero todas e todos estamos preocupados, indignados polo panorama político, económico e social que vemos arredor de nós. Pola corrupción da clase política, empresarial e da banca… pola indefensión da cidadanía de a pé. Esta situación fainos dano día tras día. Pero se nos unimos, podemos mudala. É hora de pórse en movemento, hora de construírmos entre todos, entre todas, unha sociedade mellor. Por iso sostemos firmemente o seguinte:

  • As prioridades de toda sociedade avanzada deben ser a igualdade, o progreso, a solidariedade, o libre acceso á cultura, a sustentabilidade ecolóxica e o desenvolvemento, o benestar e a felicidade das persoas.
  • Existen uns dereitos básicos que deberían estar cubertos nestas sociedades: dereito á vivenda, ao traballo, á cultura, á saúde, á educación, á participación política, ao libre desenvolvemento persoal e ao consumo dos bens necesarios para unha vida saudable e feliz.
  • O actual funcionamento do noso sistema económico e gobernamental non atende a estas prioridades e constitúe un atranco para o progreso da humanidade.
  • A democracia parte do pobo (demos = pobo; cracia = goberno), de xeito que o goberno debe ser do pobo. Así e todo, a maior parte da clase política nin sequera nos escoita. As súas funcións deberían ser as de levar a nosa voz ás institucións, facilitando a participación política e cidadá mediante vías directas e procurando o maior beneficio para o groso da sociedade, non a de se enriqueceren e medraren a expensas de nós, atendendo unicamente aos ditados dos grandes poderes económicos e aferrándose ao poder mediante unha ditadura partitocrática encabezada polas inamovibles siglas do PPSOE.
  • A ansia e acumulación de poder nunhas poucas mans xera desigualdade, crispación e inxustiza, o cal conduce á violencia, que nós rexeitamos. O obsoleto e antinatural modelo económico vixente bloquea a maquinaria social nunha espiral que se consome a si mesma enriquecendo unha minoría e sumindo o resto na pobreza e escaseza. Até o colapso.
  • A vontade e fin do sistema é a acumulación de diñeiro, primándoa por riba da eficacia e o benestar da sociedade, estragando recursos, destruíndo o planeta, xerando desemprego e consumidores infelices.
  • Os cidadáns somos parte da engrenaxe dunha máquina destinada a enriquecer unha minoría que non sabe nin das nosas necesidades. Somos xente anónima, pero sen nós, nada disto existiría, pois nós movemos o mundo.
  • Se como sociedade aprendemos a non confiar o noso futuro a unha abstracta rendibilidade económica que nunca redunda en beneficio da maioría, poderemos eliminar os abusos e carencias que todos e todas nós sufrimos.
  • É necesaria unha revolución ética. Puxemos os cartos por riba do ser humano, mais temos que pólos ao noso servizo. Somos persoas, non produtos do mercado. Eu non son só quen compro, por que o compro e a quen llo compro.

Por todo o exposto, estamos indignados, estamos indignadas. Cremos que podemos mudalo. Cremos que

podemos axudar. Sabemos que, unidos, podemos. Sae connosco. É o teu dereito.