26/1/08
I CONCURSO DE CREACIÓN DE LOGOTIPO E LEMA PARA A ASOCIACIÓN
Bases:
1º- Poderase presentar un número indefinido de lemas e debuxos por persoa.
2º- O debuxo e o lema poden non estar relacionados. É dicir, pódense presentar por separado.
3º- Os concursantes poderán: a) publicar os seus traballos no blog como entrada; ou b) contactar con Chiwi(xosepineiro@orange.es).
4º- A data límite de presentación será o sábado 9 de febreiro ás 20:00 horas.
5º- O gañador/a decidirase por votación na próxima reunión.
6º- Haberá premios (como os do Bingo).
Esperamos que colabore o maior número de xente posible, estea en Galicia, España, Francia, Italia, Tailandia, etc...
Moitas gracias por participar e que gañe o mellor!!
Reedición da entrada do martes 22 de xaneiro de 2008
Aínda que neste blog non hai intercambios culturais, mensaxes institucionais de alcaldes, nin anda Polanski botando un ollo... O que si hai é unha interessantísima reunión o próximo venres día 25 ás 23:00 horas, con moitos temas importantes que expoñer, tratar, debater, ...E por suposto os interesados que aínda non sexan trezecatorzeadores e que o queiran ser, poden asistir sempre e cando leven unha fotocopia do DNI (requisito sine qua non para ser socio).
24/1/08
TAIÑA 2008
GOIÁN ACOLLE O V FESTIVAL TAÍÑA O VINDEIRO 2 DE FEBREIRO |
Por quinto ano consecutivo a Asociación Xuvenil Taíña impulsa unha forma diferente de comezar o Antroido cunha iniciativa que pretende situarse nun posto de referencia dentro da relación de festivais e concertos de inverno. O Festival Taiña está a consolidarse como unha das ofertas máis transversais e interesantes do panorama musical galego. O festival terá lugar na praza da Igrexa de Goián a partires das 22:30h do sábado de Antroido, que este ano cae no 2 de febreiro. Haberá unha carpa e a entrada é gratuita. |
Esta edicion deste ano do Festival Taiña trae novidades importantes e unha oferta musical variada como ven sendo habitual neste concerto. |
11/1/08
9/1/08
CONVOCATORIA DE REUNIÓN
Nota os que queiran ser socios que traian unha fotocopia do seu D.N.I.