13/2/16

Vai de COMISIÓNS!

No afán de mellorar a organización interna desta nosa asociación, comezouse a levar a cabo unha nova forma de agrupamento de socios en COMISIÓNS!
Isto consiste na unión de socios en ghrupos cos mesmos temas e intereses para impulsar esas ideas e realizar moitas mais actividades e eventos.
E polo de agora o tema marcha sobre rodas xa que podemos dar por inauguradas as 4 primeiras COMISIÓNS:

- Comisión de MONTUNOS
- Comisión da FESTA 13-14
- Comisión de LOCAL SOCIAL
- Comisión OS DO TINÓN

Pouco a pouco iremos informándovos de que trata cada unha e que andan a argallar...

Saude!

10/2/16

Xa temos DATA da IX FESTA 13-14

Pois un ano máis, imos celebrar a gran festa do Baixo Miño! E xa van nove edicións.
Repetiremos lugar, o torreiro da Concepción, un sitio ben situado que nos ofrece moitos e amplos servizos. Que che apetece ir a misa das 12? Pois en frente!
E sin desviarnos mais do tema principal, este ano a data escollida son os dias 13 e 14 de maio, estaba claro que non podíamos deixar escapar esta oportunidade, TREZECATORZE de maio!!
Asi que ir preparando as suelas das vosas zapatillas para desghastatalas no empedrado!!
Quedamos asi!!

9/2/16

VOLTAMOS CO BLOG!!

"...y no estaba muerto no no!y no estaba muerto No No!..." Pois a partir de hoxe, a asociación decidiu voltar a actualizar o blog de xeito habitual e con toda a información das actividades e o mundo trezecatorzeador! Todo estará eiquí, ampliado e que non falte detalle! Avante camaradas!!

...tanto feisbuk, tanto carallo!