No afán de mellorar a organización interna desta nosa asociación, comezouse a levar a cabo unha nova forma de agrupamento de socios en COMISIÓNS!
Isto consiste na unión de socios en ghrupos cos mesmos temas e intereses para impulsar esas ideas e realizar moitas mais actividades e eventos.
E polo de agora o tema marcha sobre rodas xa que podemos dar por inauguradas as 4 primeiras COMISIÓNS:
- Comisión de MONTUNOS
- Comisión da FESTA 13-14
- Comisión de LOCAL SOCIAL
- Comisión OS DO TINÓN
Pouco a pouco iremos informándovos de que trata cada unha e que andan a argallar...
Saude!
No hay comentarios:
Publicar un comentario