10/3/16

FESTA HORTERA 3.O

Seguimos de festa en festa porque nos sae da testa!!
Desta vez celebramos a terceira edición da horterada mais grande de Salceda.
Concurso de playbacks, speaker profesional, trocadiscos hortera, e moitas máis sorpresas o sábado 2 de abril no local social da Devesa!
E se eres tamén un apaisoado pola horterada do futbol moderno, a partir das 22.00 proxectaremos o Celta - Depor en pantalla xigante e cunha morea de pipas para rillar!!
Xa sabes, o sábado 2, non tes excusa, ven a divertirte coa Treze Catorze!!

Vémonos!!

3/3/16

Nova directiva histórica!

Onte, día 2 de marzo de 2016, presentouse ós socios a nova directiva da ACDE Treze Catorze que inclúe uns datos para historia.
Por primeira vez, desde a súa fundación hai nove anos, imos contar cunha presidenta, Nerea! E vicepresidente será Unai! Dous dos soci@s mais nov@s da asociación na cabeza da mesma!! Esa juventú pisando forte!!
Compoñena tamén:
Sandra (secre)
Victor (tesoreiro)
Martina, Miguel, Mude, María e Cristina (vogais)
6 mulleres e 3 homes que toman o relevo da anterior directiva, que deixou o listón ben alto!!
Ainda asi, a nova forma de organización por comisións, fai que non recaia todo o peso nestas 9 persoas e poderán exercer os seus postos tranquila e dedicadamente.

Bikiñosss a todos!

Camisola 2016!!

Buscamos traxe novo para os trezecatorzeadores 2016!!!
Envía o teu deseño a trezecatorze@gmail.com antes do 31 de marzo. O gañador ademáis de lucir o seu debuxo por tódolos festivais do mundo! desfrutará dos productos ecolóxicos da Tabertenda!!

A ver se este ano lle damos algho de color!! que os últimos anos estivemos moi negrhos!