23/2/11

Deseño XXXIII, do tesorero copión


Eu propoño esta, quedoume pena fai dous anos, e gustábame moito (ainda que eu votei a de Alberto). Se gaño prometo compartilo premio cos verdadeiros creadores.

Deseño XXXII, a cargo de Andrea

21/2/11

Deseño XXX

Deseño III dos primos da Fontedapedra (Juan e Mirito, no sabes?):



Deseño XXIX

Deseño II. Os primos da Fontedapedra (Juan e Mirito) apresentan a camisola-bandeira:

Deseño XXVIII

Os primos da Fontedapedra (Juan e Mirito) presentan:



DESEÑO XXV-XXVI-XXVII

Desde Navia, Laura e David presentan:







18/2/11

Tres máis. Deseños nº XXII, XXIII e XXIV de Fran (dedicadas a Ángel)




XXI Deseño, o segundo de Pablo




Aclaración de Pablo:

“En vistas del madridismo exacerbado que por desgracia también ha
contagiado a la pequeña salceda mi equipo de diseño y yo mismo, hemos
tomado la decisión de presentar a concurso la adjunta y bien llamada
opción A”

Pequeña explicación

Lo innovador de la propuesta es que son dos camisetas en una y me explico:
Puede ser una camiseta: anverso con estrella (aunque habría que
cambiar el azul marino por un color negro) y reverso con Homer.
Pueden ser dos camisetas: Aunque habría que realizar un logo 13-14 en
amarillo para el anverso de la camiseta de Homer.

Sé perfectamente que con lo de anverso y reverso ni dios se ha
enterado de nada… pero soy diseñador freelance…. Puedo permitírmelo.


Pablo Coto

14/2/11

II Deseño camisola 2011

Pablo desde O Porriño presenta:



Pablo:
"Con esta opción podéis tener algún problema legal, pero con las ventas lo
compensareis sobradamente"

I Deseño Camisola 2011

Deiene desde Gasteiz presenta:

POLA PROTECCIÓN DA SERRA DO GALIÑEIRO


MANIFESTO
POLA PROTECCIÓN DA SERRA DO GALIÑEIRO
A Serra do Galiñeiro, lugar natural de encontro dos Concellos de Vigo, Gondomar, Mos, O Porriño e Tui, alberga numerosos valores ambientais, xeolóxicos, paisaxísticos, etnográficos, arqueolóxicos e sociais, polo que as asociacións cidadás que subscribimos este manifesto, consideramos que teñen que ser protexidos ao amparo das lexislacións europea, galega e municipal vixentes.

Na actualidade só os PXOM de Vigo e o Porriño inclúen a súa parte da Serra como Espazo Natural de Protección, a pesar de que o valor desta está avalado por documentos como o da Comisión de Espazos Naturais da Axenda 21 promovida pola Concellería de Medio Ambiente do Concello de Gondomar no 2009 e o anuncio da ampliación do Parque Natural do Monte Aloia a todo o cordal do Galiñeiro por parte do Conselleiro de Medio Ambiente e os rexidores dos concellos implicados no 2008. Non obstante a día de hoxe non só, non se cumpriron esas expectativas, senón que as ameazas sobre a Serra aumentaron.

Solicitamos a protección da Serra do Galiñeiro para preservar todos os seus valores para goce de todas e todos nós, así como das xeracións vindeiras porque queremos seguir tendo:

Un referente paisaxístico nas bisbarras do Val Miñor, Vigo, A Louriña, Baixo Miño e O Morrazo pola súa elevada altitude e polas formacións rochosas que a configuran.

Un rico patrimonio xeolóxico, tanto polas súas formacións de gneis de riebeckita nos cumes máis altos da Serra, como polos seus valores tectónicos únicos no mundo. Destacamos como formacións xeomorfolóxicas de orixe periglaciar a “Cova da Becha”, a “Lapa da Moura”, O monte dos Arruídos en Vincios ou a dos Milagres da Trapa nos Cabreiros.

Hábitats de breixeiras húmidas, brañas, turbeiras e matogueiras de influencia mediterránea e termófilas con endemismos, algúns deles catalogados pola Directiva Europea 43/92/CEE, como “Hábitats Prioritarios” como as "Breixeiras húmidas atlánticas meridionais de Ericas" ou “Hábitats de Interese Comunitario” como as "Breixeiras secas” e os "Pastos pioneiros en superficies rochosas". Queremos protexer a fauna de escasa presenza en Galiza, coma a azulenta papuda, ou endemismos
coma a saramaganta Chioglossa lusitanica ou a rá patilonga. Tamén a avifauna migratoria como o picanzo real ou o pedreiro cincento. A ampliación da superficie protexida do Parque Natural do Monte Aloia a toda a Serra do Galiñeiro garantiría a continuidade dos ecosistemas imprescindibles para todas estas especies animais e vexetais da Serra.

Queremos seguir a disfrutar das pegadas da presenza humana en época prehistórica, dos petróglifos como o de “Auga da Laxe” de características únicas no continente europeo e das mámoas como as dos Bromús e as do chan das Moutas. De época histórica temos elementos importantes da arquitectura popular: presas, levadas, muíños de auga, abrigueiros para pastoreo comunal e para os obradoiros de cantería artesanal como foi a “Casa do Demo”.

E por se non presentaran xa por si mesas valores xeolóxicos singulares, as numerosas cavidades existentes na Serra do Galiñeiro, contan con elementos arqueolóxicos de orixe prehistórica e medieval, ademais de acoller un rico e variado patrimonio inmaterial, que se expresa en numerosas lendas populares e nun amplo abano de seres mitolóxicos.

Toda a Serra do Galiñeiro ofrece numerosos servizos económicos, de lecer, deportivos e culturais nunha área tan densamente poboada como é a área metropolitana de Vigo. Actividades deportivas e de ocio como o sendeirismo, a escalada, competicións de carreiras de orientación, colleita de cogumelos etc, ás que temos que sumar os aspectos didácticos relacionados coas Ciencias Naturais e Sociais que ofrece a Serra.

Amais disto, o Galiñeiro prové ao encoro de Zamáns e as súas augas subterráneas abastecen as traídas de aguas da veciñanza de toda es a contorna. Tamén acolle pastoreo de gado ceibe: cabalos, vacas, ovellas e cabras. As greas dos cabalos do monte galego permiten a celebración de dous Curros, o de Vincios e o de Morgadáns. Esta raza equina autóctona está actualmente en perigo de extinción, e a súa protección especial figura no Real decreto 1682/1977.

Queremos continuar coa xestión de aproveitamento multifuncional que moitas Comunidades de Montes e veciños, ou particulares fan da Serra, sustento de actividades culturais nas parroquias, e verdadeiras dinamizadoras da cultura do pobo.

Por todo o expresado denunciamos os proxectos e actuacións altamente impactantes que destragan a Serra, impulsados por un desarrollismo que ignora as súas catastróficas actuacións: plantacións de
especies foráneas como eucaliptos ou piñeiros que reducen a biodiversidade e aumentan o risco de incendios, zonas inzadas de acacias, proliferación de canteiras, moitas delas ilegais pero que continúan
en activo, así como canteiras en desuso sen a debida restauración. A presión de grandes infraestruturas como a construción de parques eólicos, estradas de circunvalación de áreas urbanas, son novas ameazas que se suman ao deterioro habitual que supoñen as pistas e movementos de terra
sen control, os vertedoiros incontrolados de lixo e entullos, o tránsito frecuente de motos de cross e quads fora dos camiños e incluso a acampada ilegal.

Invitamos a toda a cidadanía, asociacións, clubs, entidades etc a sumárense a esta acción “Pola protección da Serra do Galiñeiro”, a traballar, aportar ideas que apoien a salvagarda das riquezas naturais, culturais e sociais que alberga e conduzan á declaración da súa protección.

9/2/11

IV CONCURSO DE CAMISOLAS TREZECATORZEADORAS

Benquerid@s compañeir@s!

Un ano máis convócase o famoso, polémico, creativo e sempre disputado concurso para o deseño da camisola que se venderá este ano na nosa asociación.

Todo aquel que teña unha idea, esbozo, debuxo que queira presentar, que non o dubide. Aki acéptanse todo tipo de propostas! Non é facil ser o elixido, pero a regueifa creativa non pode darse sen os vosos miolos! asi que, todos a furrular!

Bases:

1º- Poderase presentar un número indefinido de debuxos por persoa.

2º- Os concursantes deberán enviar os seus deseños ó seguinte correo: piscojoe@hotmail.com

3º- Se algún o prefire os pode presentar tamén en persoa nas reunións...

4º- A data límite de presentación será: venres 4 de marzo de 2011.

5º- O gañador/a decidirase por votación nas reunións.


Xa sabedes que o premio e unha lata de melocotóns (dos bos) ademáis do mérito de ver a vosa idea plasmada no peito dun montón de xente!

Asi que animádevos, e que non decaia! Ata outra!