20/4/16

IX FESTA TREZE CATORZE

Pois sí amiguiños, unha nova edición
 do noso gran festi está ó cair!! E xa van 9!

Outro ano máis, traemos para todos 
os públicos unha gran finde festeira no noso concello.

E esta novena edición ven cargada de 
novidades e espéctaculos que non vos deixarán 
indiferente.


Comezamos o Venres 13, ca refrescante Xira Taberneira onde podremos prepararnos para o que nos espera a noite, nin mais nin menos que a Cromática Pistona! Un grupaso que alterará as hormonas de calquera que escoite os seus ritmos. E cando lle deixemos poñer fin a actuación, seguiremos ghastando suela con Mijel Inllo e unha das súas extravagantes sesións. Todo isto na Sala 900 de Salceda!!

O sábado 14, ainda cos osos quentes, comezamos a Megasesión Vermú, onde Os Tres Trebóns, que serán o prato forte, Los Pontiaks e o incansable Ce Orquesta Pantasma farannos disfrutar dun mediodía enerxético, e posteriormente recuperaremos forzas co Xantar Popular, para continuar ca festa!
Pola tarde celebraremos as tradicionais Olimpiadas TrezeCatorze, mentres outros lle botan un vistazo o Mercadillo, para continuar cun alegre Obradoiro de Swing! E veña baileeee....


Os Peques 13-14 este ano terán un protagonismo destacado dentro da festa co Espazo de Xogo Libre "Xogando Miudíño" e cun Obradoiro de Ioga onde poderán sacar o seu lado máis relaxante e divertido ó mesmo tempo.
E despois de todo este arsenal de música, gastronomía e actividades, daremos paso os concertos tan agardados!
Samba Sem Fronteiras, Alpargata e Station Road, porán o broche de ouro ó festival. Bailaremos,
cantaremos, saltaremos, e moverémos ata o último músculo do corpo cas actuacións que nos teñen preparadas estes tres GRUPAZOS.
Pero inda quedará algún oco no noso almacén de enerxía para difrutar co DJ máis autóctono de Taragoña e da Galiza enteira, DJ Enxébere co seu espectáculo musical garantido!!
Lumeeeee e viva a TREZE CATORZE 2016!!