19/11/10

CHARLA INFORMATIVA SOBRE OS TRANSXÉNICOS



Os organismos modificados xeneticamente (Oxm´s) obtéñense mediante a enxeñería xenética, que permite crear plantas, animais e microorganismos manipulando os seus xenes.

Nos últimos anos, esta técnica foi utilizada para intentar introducir novas características nos cultivos e, dende fai pouco máis dunha década, seméntanse nalgúns países variedades modificadas xenéticamente (Oxm´s), principalmente soia, millo, algodón e colza.

Por outra parte, os coñecementos científicos actuais non son suficientes para predicir con exactitude tódalas consecuencias da manipulación do novo organismo no que se introduciron xenes estraños, nin a súa evolución e interacción con outros seres vivos unha vez liberado un Oxm´s ao medio ambiente.

Tras once anos de cultivo, comprobouse que as sementes modificadas xeneticamente non reportan os beneficios prometidos pola industria biotecnolóxica.

Contaminacións xenéticas por produtos químicos.

Perigo para a biodiversidade silvestre e agrícola.

Erosión dunha agricultura e alimentación libres de transxénicos.

Danos a labregos e labregas por perda de mercados.

Conflitos entre labregos e labregas.

Expulsións do ciclo produtivo dos labregos e das labregas de menor escala.

Os impactos sobre o medio ambiente están cada vez máis documentados:

Contaminacións de especies silvestres emparentadas.

Redución da biodiversidade.

Contaminacións químicas do solo e dos acuíferos.

A utilización da enxeñería xenética na agricultura non pode considerarse unha simple ferramenta de produción. O debate sobre os cultivos MX vai moito máis alá da mera aplicación dunha tecnoloxía nova, e prantexa certas cuestións éticas ca sociedade non pode eludir.

No Estado Español cultívanse arredor de 77.000 Ha de cultivos MX, sendo o líder europeo no mesmo, tamén un dos principais exportadores deles.

O mercado transxénico apóiase na obtención de patentes e no cobro de dereitos sobre a utilización das sementes. Está en xogo nada menos co control da agricultura e a alimentación nunhas poucas mans. Esiximos o dereito a Soberanía Alimentaria, entendendo como tal o dereito a elixir sobre que tipo de alimentación queremos consumir, quen a vai producir, como e onde se vai cultivar e na elección das políticas agrarias que nos afectan como Pobo.

A soberanía e a nosa seguridade alimentaria dependen da nosa biodiversidade e da riqueza dos nosos pobos coma consecuencia da sabedoría e os coñecementos transmitidos de xeracións en xeracións.

O mantemento dunha agricultura libre de transxénicos é indispensábel perante dos moitos interrogantes en termos de rendemento, de problemas ambientais, ou de saúde, dos cultivos manipulados xenéticamente.

O mundo necesita enfoques agrícolas sostíbeis, é hora de que os gobernos e os especialistas adiquen as súas enerxías e recursos a desenvolver tecnoloxías e políticas compatíbeis coa protección do medio ambiente, unha produción segura e de calidade, un reparto xusto entre tódolos seres humanos e por suposto unha clara información os/as cidadáns.

Os/as cidadáns endexamais demandaron alimentos transxénicos.

Nin os demandan hoxe en día.

Por todo elo, imos celebrar unha charla informativa o vindeiro xoves 25 de novembro ás 20:00 na Casa da Cultura de Salceda de Caselas para informar deste problema ós veciños da vila.

19/10/10

GRACIAS A TOD@S!

As “III Xornadas de Consumo Responsable” organizadas a semana pasada en Salceda de Caselas (12-17 outubro) son interpretadas como éxito rotundo tanto pola organización coma polos asistentes.

Proxección de documentais, degustación de produtos, obradoiros, visitas guiadas e conferencias foron os pratos fortes que volveron colocar o espírito ecoloxista en primeira plana da vida cultural da localidade.

O traballo en cooperación entre asociacións, produtores particulares e institucións é unha das claves de éxito. Este ano a organización invitou ás asociacións Amigos da Terra, Verdegaia, Caleidoskopio; á produtora de agricultura ecolóxica Aghata Broeshamp e ao grupo de investigación GIEEA da Universidade de Vigo.

A organización das xornadas (A.C.D.E. TREZE-CATORZE) destaca o compromiso e o espírito de participación dos asistentes, a correcta dimensión do evento e demostra unha vez máis que se poden facer grandes cousas cun orzamento moi reducido.

Malia o relativo triunfo conseguido as mozas e os mozos da TREZE-CATORZE non pensan deterse pois o reto de implicar á maioría do pobo no consumo responsable está moi lonxe de conseguir. A parella "éxito e desafío", semella ser a garantía de supervivencia destas xornadas.


Moitas gracias a todos os colaboradores e os asistentes que facedes que isto sexa posible.

Vémonos o ano que ven!

A.C.D.E. Treze Catorze

13/10/10

CONCIENCIA ECOLÓXICA, III Xornadas de Consumo Responsable

Un ano máis, a Asociación C.D.E. Treze Catorze ten o pracer de organizar as III Xornadas de Consumo Responsable. Este ano a programación comeza o martes 12 de octubre coa proxección do primeiro documental e rematará o domingo 17.
Como cada ano, estades invitados a pasar connosco un fin de semana de CONcienciación tan importante nos tempos que corren.


1/10/10

III Limpeza do Río Caselas


Despois dos éxitos de anos anteriores das xornadas de limpeza simultánea en ríos de toda Galicia, repítese a experiencia o vindeiro domingo 3 de outubro. Este ano volve a ser a Asociación Cultural, Deportiva e Ecoloxista Treze Catorze a que organiza a Limpeza do Río Caselas en Salceda de Caselas en colaboración con ADEGA e o Proxecto Ríos. Estas xornadas están incluídas na III Limpeza Simultánea de Ríos que ADEGA organiza en toda Galicia e que conta coa colaboración de 22 institucións doutros tantos concellos.

Un dos problemas máis agravantes que sofren os nosos ríos segue a ser a gran cantidade de lixo que aparece nos cauces e ribeiras. Sobor de todo plásticos e entullos, elementos case habituais nos cursos fluviais e en moitos dos nosos montes. Dende a Asociación Treze Catorze e o Proxecto Ríos queremos concienciar á sociedade da necesidade de manter limpos os nosos ríos como premisa para a conservación da súa saúde. A limpeza non pasa só por ser unha actividade illada dun día de retirada de lixo. Para a conservación dos ecosistemas fluviais cómpre desenvolver actitudes responsables cara o medio natural e depende de todos/as frear a contaminación que están a sufrir os ríos. O coidado e o respecto polo entorno farían innecesarias nun futuro actividades como esta.

A Asociación Treze Catorze e o Proxecto Ríos entregarán aos grupos participantes un protocolo para difundir a limpeza ecolóxica e respectuosa dos ecosistemas fluviais, ademais de editar cartaces divulgativos para cada zona cun teléfono de contacto para que se apunten as persoas que queiran participar.

Nesta xornada a implicación do concello é fundamental para garantir a recollida do lixo que se saque dos ríos, para proporcionar o material necesario para a limpeza e para asegurar aos voluntarios/as participantes. O pasado ano retirouse un total de 11.020 toneladas de lixo (estimados) en toda Galicia e aproximadamente uns 120 Kg. en Salceda, de orixe diverso e incluso variopinto (neveiras, rodas, radiografías, colchóns...) Neste ano animamos aos participantes a pesar o lixo retirado e a difundir no propio concello a idea de que o río non é un vertedoiro.


As persoas que queiran participar nesta actividade deberán anotarse previamente chamando ao teléfono do coordinador da Asociación (Fran 615421199) ou email (trezecatorze@gmail.com) para confirmar a asistencia. A hora de saída será as 10.30 horas do domingo 3 de outubro na Praza do Concello de Salceda de Caselas.

24/3/10

E tamén cae o quinto. Aportación de Olalla




Animo a todos os que queiran participar, xa non queda nada...

4º Participante

Isto vaise animando rapaces!

Aquí temos a homenaxe trezecatorzeadora a Camarón, de parte de Carolina e Rubén Sabino

Deseño de Almudena


E as palabras da autora: "É moi moi boceto, habería que apañar as proporcións, os perfís, e elección da cor". Para telo en conta á hora da votación!

22/3/10

2ª participante no consurso



Velaquí o deseño de Andrea.

Totalmente de acordo, moito can na 13 14 jejeje

12/3/10

II TORNEO DE PINCHA DE SALCEDA


O domingo 14 de marzo, todos a xogar á pincha en Salceda!

Toda a información no cartel.

9/3/10

Xa temos o primeiro deseño!




Eiquí temos xa o primeiro deseño do concurso de 2010. O autor é Pablo Coto.

Seguro que agora se empezan a animar todos os artistas que andan por ahí agachados!!!!

8/3/10

III CONCURSO DE CAMISETAS DA TREZECATORZE

Un ano máis, como xa é tradición, a ACDE convoca o concurso de deseños para a camista do 2010.
Para participar hai que enviar á dirección trezecatorze@gmail.com (ou a calquera dos socios) o deseño, o lugar onde iría colocado, así como tódalas ideas que se vos ocurran.


Bases:



1º- Poderase presentar un número indefinido de debuxos por persoa.

2º- Os concursantes deberán enviar os seus deseños ó correo da asociación [trezecatorze@gmail.com].

3º- Se algún o prefire os pode presentar tamén en persoa nas reunións...

4º- A data límite de presentación será: xoves 25 de marzo de 2010.

5º- O gañador/a decidirase por votación nas reunións.





Estamos á espera do teu deseño!!!!!


A loita pola lata de pexejos acaba de comezar!!!!!!!!!!!