24/11/08

PRÓXIMA REUNIÓN: XOVES 27 ÁS 21:00 NA DEVESA

Decidido pola maioría presente na última reunión, convócase a tod@s @s soci@s para a vindeiro xoves 27 ás 21:00 na Devesa, coa seguinte orde do día:
  1. CONCIENCIA ECOLÓXICA. Xornada de Consumo Responsable.
  2. Cea de Nadal.
  3. Rogos, preguntas, etc...

Pois vémonos alí entón (non é por nada pero o xoves pasao puxéronnos un pincho colloudo! E o viño de barrantes é un viñaso!...).

3/11/08

CONVOCATORIA DE REUNIÓN: VENRES 7 DE NOVEMBRO ÁS 21:00 NA DEVESA

Debido a que o xoves 6 é a festa de San Teleco no Cuvi a reunión será o venres 7. Moitas gracias pola comprensión.

Pois ben, os puntos a tratar son os de sempre:
  1. A Xornada de concienciación.
  2. Calendario.
  3. A II Festa.
  4. Rogos, preguntas, etc...

Recorden: Venres 7 ás 21:00. Vémonos alí. Un saúdo.

29/10/08

FOTOS DA LIMPEZA DO RÍO CASELAS

Por fin!! Ahí van esas fotos que demostran o gran traballo feito. Gracias a Raúl e a Sandra Sendín por este valioso documento gráfico
















































































21/10/08

PRÓXIMA REUNIÓN: VENRES 24 ÁS 21:00 NA DEVESA

Os puntos na orde do día son:
  1. Subvencións.
  2. Magosto.
  3. Xornada de concienciación.
  4. II Festa Trezecatorzeadora.
  5. Rogos, preghuntas,...

P.D: Prégase ao señor tesoureiro que leve toda a documentación herdada da anterior ocupante en tan honroso cargo institucional, ok?

2/10/08

LIMPEZA DO RIO CASELAS O 4 DE OUTUBRO‏

A vindeira actividade da A.C.D.E. Treze Catorze volve a estar relacionada coa ecoloxía, e como no pasado mes de xuño o protagonista volve a ser o río Caselas. E aínda que os tempos sexan monótonos e preguiceiros (como diría o outro) esperamos a máxima participación nesta iniciativa na que colaboraremos con Adega e o Proxecto Ríos.




O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos.

Como novidade nesta campaña de outono estase a organizar unha limpeza simultánea de ríos para o sábado 4 de outubro. A limpeza desenvolverase en colaboración con entidades e concellos que participan no Proxecto Ríos. . Un dos problemas máis salientables que sofren os nosos ríos é a gran cantidade de lixo que aparece nos cauces e ribeiras. Dende o Proxecto Ríos queremos concienciar á sociedade da necesidade de manter limpos os nosos ríos como premisa para a conservación da súa saúde. A limpeza non pasa só por unha actividade illada dun día de retirada de lixo. Para a conservación dos ecosistemas fluviais cómpre desenvolver actitudes responsábeis cara o medio natural e depende de todos/as frear a contaminación que están a sufrir os ríos.





Os interesados (non socios) que queiran participar deben poñerse en contacto con Fran Rey (chamar ao 615421199).

Os socios xa saben a que hora é...

23/9/08

NOVA REUNIÓN: O XOVES 25 ÁS 21:3O NA DEVESA

Os puntos a tratar son:
  1. Todo o relacionado ca limpeza do río.
  2. Seguir barrenando coas xornadas de concienciación.
  3. Rogos, preguntas, ideas, ...
Por favor, prégase asistencia que senón logo os que si vamos quedamos con sensación triste e melancólica de non chegar a ningunha conclusión sensata e logo, claro, pasa o que pasa... que a asociación é unha merda, que non hai vergüenza, que somos uns pasotas, que o presi chega borracho, ... ... ...

11/9/08

CONVOCATORIA DE REUNIÓN, POR FIN!! O XOVES 18 ÁS 21:30 NA DEVESA

Ola de novo a todos e todas!

Como todas as institucións importantes deste país cando chega setembro, a A.C.D.E. Treze Catorze inicia o curso apolítico, contraxurídico e anticonstitucional coas pilas cargadas e con ganas de reventar esta mierda toda, por iso:

Convócase unha reunión para o vindeiro xoves 18 de setembro ás 21:30 na Devesa.

Os puntos do día son: A ecoloxía. O asociacionismo. E a festa.

Repito, o xoves 18 ás 21:30 na Devesa. Por favor, sede puntuais que logho faise noite e pasa o que pasa...

Un saúdo.

20/6/08

RUTA DE SENDEIRISMO ECOLOXISTA




A Asociación C.D.E. Treze Catorze organiza unha ruta ecolóxica polo Río Caselas.

A ruta comezará na Praza do Concello e rematará en San Cibrán. Durante o seu transcurso pasaremos por lugares de interese como son muiños de auga, lavadoiros, petos de ánimas, cortellas, soutos de castiñeiros ou o nacemento do Río Caselas.

Polo camiño iremos recollendo o lixo que encontremos.

Na chegada, xantaremos no merendeiro de San Cibrán (traede a vosa comida que nós a levaremos ó lugar de chegada).




SAÍDA: Sábado, 28 de xuño (10:00 h) dende a Praza do Concello.


11/6/08

TACHÁN TACHÁN!!!!!

POR FÍN TREZECATORZEADORES!!!!



XA ESTÁN AQUI ESES VIDEOS ESPERADOS......bueno en realidade non todos os que pretendía...pero a cousa vai con calma.



Espero que vos gusten, por favor non sexades moi críticos, que aínda que o meu tempo me levou, é a primeira vez que fago isto. (Non son tan especialista como os 240 que quedan por aí)



É a miña obriga recordar, que as imaxes que van ver a continuación poden por en perigo a vosa sensibilidade, polo que rogo que antes de pulsar "play", tomedes todas as medidas necesarias, para que non se vexa afectada a vosa integridade persoal, moral, animal ou a que teñades (acéptanse todo tipo de integridades)






Despois desta pequena introducción......quero levarvos ata un pequeno recordo do venres noite día 9 de maio. Onde os nervios, a chuvia, e outras imprevisibles situacións fixeron que todos estiveramos histéricos, dudosos, susceptibles, graciosos, inxénuos, inconscientes, tolos......entre outras cousas. E todo iso "creo" que se reflexa nesta pequena película.

E por último trezecatorzeadores, un resumo de fotos do día máis grande de todo 2008 , cunha peculiar narración de fondo que predice paso a paso o que vai ocorrer e ocorre!!!

Espero que vos gustara!!!!

Pronto haberá algún video máis dos concerto..

31/3/08

PRÓXIMA REUNIÓN: SÁBADO 5 DE ABRIL ÁS 19:00 NA DEVESA

Os puntos a tratar son os seguintes:

  1. Reconto da venda de rifas e camisetas.
  2. Recadación pola tesoureira dos cartos acumulados ata o momento na venda.
  3. Valorar a posibilidade de facer máis camisetas.
  4. Algunha "cousiña" máis sobre a presentación...
  5. Preguntas, dúbidas, etc...

É importante que tod@s asistamos cas rifas e as camisetas que aínda non se venderon, e cos cartos conseguidos ata o momento.

Pois deica o sábado entón.

PD: Miren este ligazón (onde pon Próximos concertos):

http://www.myspace.com/osonoromaxin

JA!!!

5/3/08

BLOG DA FESTA TREZECATORZEADORA

A festa trezecatorzeadora xa ten o seu propio blog:
http://festatrezecatorzeadora.blogaliza.org/

ANUNCIO DA PRÓXIMA REUNIÓN: SÁBADO 8 ÁS 21:00 NA DEVESA

Prégase a máxima asistencia posible, pois vaise proceder ao reparto das rifas e da primeira tanda de camisetas, e ao cobro da cota inicial de socio (10 ouros).
Ademais, hai que solucionar uns pequenos "problemiñas" sobre a Festa Trezecatorzeadora.


Pois iso, vémonos o sábado na Devesa. Haberá pintxos pos asistentes!!!

P.D: Dixo Mariano que non vai poder asistir, que vai estar reflexionando...

28/2/08

SÓ EXISTE RUIDO !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!


FOTOS DO FESTIVAL TAIÑA - GOIAN

A ver si recoñecedes a algén no seguinte enlace:

http://www.movidacelta.com/coppermine/thumbnails.php?album=13

26/2/08

NOVAS

A reunión que estaba prevista para o vindeiro venres 29 non se vai poder celebrar. O motivo é que ese día non imos ter nas nosas mans nin as rifas nin as camisetas, e convocar unha reunión baleira de contido eche un pouco así.
A reunión será o seguinte fin de semana. Xa se avisará con tempo o día e a hora.

Veña, a trezecatorzear todo dios!!!


Que fai este tipo aquííí?





22/2/08

Almudena de Vitureira-City e o Mirito da Fontedapedra presentan:

















E as infinitas posibilidades que este logo xenera...
Até pronto, moz@s

19/2/08

CONVOCATORIA DA REUNIÓN MÁIS IMPORTANTE DA HISTORIA DA TREZECATORZE

Convócase a todo dios o SÁBADO 23 DE FEBREIRO ÁS 20:00 horas para tratar decisivos temas na futuro inmediato da nosa asociación. A saber:

PRIMEIRO: Votación final do concurso de logo e lema.
SEGUNDO: Tomar unha decisión sobre a forma de financiar a presentación, e escoller un nome para esta.
TERCEIRO: Resume do fin de semana de Manu e Rubén.
CUARTO: Resume da xuntanza de Salvaterra sobre o programa Leader.
QUINTO: Preguntas , dúbidas, queixas, suxestións, etc, etc...

Prégase a maior asistencia posible, porque como dicía Amancio...
SIN VOSOTROS NADA SERÍA!!!
PD: A acta desta reunión poderase consultar nos comentarios desta entrada.

16/2/08

O PRESI TAMÉN FIXO DAS SÚAS



E DOUS TAMEN COLLEN



ISTO DA INFORMÁTICA NON É O MEU, INTENTO ORGANIZAR FOTOS, PERO NON HAI MANEIRA

Haber se o video se coloca onde ten que ser

Dedicado, para el gran triunfador del 2008 DAVI CROQUET, está que se sale como no video, unha pena que non teña sonido

Estes son os efectos de James Brown!!!

Isto é como estar en Tailandia, non me vai internes, quería colgar algo do entroido, pero va a ser que no.

Espero que vos gustasen os meus tesouros gardados.

unha trezecatorzeadora

A AUTÉNTICA TREZE-CATORZE





11/2/08

ATENCIÓN TREZECATORZEADORES!!

Precisamos un nome para a presentación da asociación. As posibles opcións son:

  1. PRESENTACIÓN FESTIVAL TREZECATORZEANDO
  2. PRESENTACIÓN FESTIVALEIRA DA ASOCIACIÓN TREZECATORZE
  3. FESTIVAL TREZECATORZEADOR
Se alguén ten algunha outra idea que a colgue que será ben recibida.
Nun máximo de dous días deberiamos ter un nome definitivo.
Pedimos a maior participación posible.
Graciñas por anticipado.

10/2/08

Amplíase o plazo do I Concurso de creación de lema e logo

Debido á saturación á que foi sometido o correo e o scanner de Chiwie ante tanta proposta, acordouse por unanimidade ampliar o plazo ata as 20 horas do sábado 23 de febreiro.
O procedemento é o mesmo: publicalo directamente no blog, ou contactar con Chiwie (xosepineiro@orange.es).
Gracias a todos por participar, e que gañe o mellor!

7/2/08

PRÓXIMA REUNIÓN: SÁBADO 9 ÁS 20:00 HORAS NA DEVESA

Os puntos a tratar son os seguintes:

Primeiro: Presentación da Asociación (todas as novas relacionadas con este punto: orzamentos, financiamento, lugar, data, actividades, concerto, etc...)

Segundo: Votación do concurso de creación de logo e lema.

Terceiro: Subvencións.

Cuarto: Perfeccionamento do blog.

Quinto: Invitación da Consellería de Medio Rural a unha xuntanza informativa en Salvaterra sobre o novo programa Leader de desenvolvemento rural de Galiza 2007-2013.

Sexto: Queixas, suxestións, dúbidas, preguntas, respostas, etc,etc ...

.........................................................

E por se alguén dubida de que isto é unha asociación irrenunciablemente apolítica, ahí vai unha letra de Evaristo escrita en 1985 pero que segue plenamente vixente e que non deberiamos esquecer nunca:

EL CONGRESO DE RATONES
"Señores diputados, la situación es extremadamente grave.
Debemos hacer un consenso para meterlo dentro de un marco,
¡Qué monada!
Como primer punto del orden del día, actualizaremos nuestro sueldo.
Como segundo punto bajaremos el de los demás."
Qué felices son haciendo el mamón,
Siempre en nombre de la razón;
Y su libertad vigilada por los cañones del capital.
Estáis todos acojonaos por el ejército y vendidos a todos los banqueros,
camuflando en democracia este fascismo,
Porque aquí siempre mandan los mismos.
Un congreso de ratones podíais formar.
No representáis a nadie.
¿Qué os creéis? ¿A quién queréis engañar?
Quiero soberanía personal,
mi representación soy sólo yo
y nada me puede obligar
con vuestra constitución.

26/1/08

I CONCURSO DE CREACIÓN DE LOGOTIPO E LEMA PARA A ASOCIACIÓN

A Asociación Trezecatorze precisa un logotipo e un lema para identificala polo mundo adiante. Por iso, animamos a tod@s a que participedes neste concurso.


Bases:

1º- Poderase presentar un número indefinido de lemas e debuxos por persoa.
2º- O debuxo e o lema poden non estar relacionados. É dicir, pódense presentar por separado.
3º- Os concursantes poderán: a) publicar os seus traballos no blog como entrada; ou b) contactar con Chiwi(xosepineiro@orange.es).
4º- A data límite de presentación será o sábado 9 de febreiro ás 20:00 horas.
5º- O gañador/a decidirase por votación na próxima reunión.
6º- Haberá premios (como os do Bingo).

Esperamos que colabore o maior número de xente posible, estea en Galicia, España, Francia, Italia, Tailandia, etc...

Moitas gracias por participar e que gañe o mellor!!

Reedición da entrada do martes 22 de xaneiro de 2008

NOVA CONVOCATORIA DE REUNIÓN NA DEVESA
Aínda que neste blog non hai intercambios culturais, mensaxes institucionais de alcaldes, nin anda Polanski botando un ollo... O que si hai é unha interessantísima reunión o próximo venres día 25 ás 23:00 horas, con moitos temas importantes que expoñer, tratar, debater, ...E por suposto os interesados que aínda non sexan trezecatorzeadores e que o queiran ser, poden asistir sempre e cando leven unha fotocopia do DNI (requisito sine qua non para ser socio).

24/1/08

TAIÑA 2008

Xa está aqui o festival máis "entroideiro". Hai que ir por alí e falar cos da asociación que organiza o tema. Dixeronme que son de p.m. E de paso FESTAAAAAAAAAAA !!!!!!!!!!!!!!!!

GOIÁN ACOLLE O V FESTIVAL TAÍÑA O VINDEIRO 2 DE FEBREIRO

Imaxe principal do artigo ou noticia

Por quinto ano consecutivo a Asociación Xuvenil Taíña impulsa unha forma diferente de comezar o Antroido cunha iniciativa que pretende situarse nun posto de referencia dentro da relación de festivais e concertos de inverno. O Festival Taiña está a consolidarse como unha das ofertas máis transversais e interesantes do panorama musical galego. O festival terá lugar na praza da Igrexa de Goián a partires das 22:30h do sábado de Antroido, que este ano cae no 2 de febreiro. Haberá unha carpa e a entrada é gratuita.

Esta edicion deste ano do Festival Taiña trae novidades importantes e unha oferta musical variada como ven sendo habitual neste concerto.

Actuarán en primeiro lugar os CUCHUFELLOS, xente nova e brava que presenta un repertorio formado na súa meirande parte por composicións propias, onde se fusionan estilos coma o rock, o reague, a pachanga e ritmos valcánicos. A continuación saltará ao escenario MOTOR PERKINS, recente proxecto musical, que está a ter grande éxito dentro do circuíto galego de grupos pola súa fusión punk-folk. Por ultimo, rematará a festa GALEGOZ, un experimento de membros do Colectivo Perverso para formar un grupo virtual que fusionara diferentes disciplinas: música electrónica, teatro, vídeo...

A partires das 19:30 comezará a animación de rúa coa charanga Os Veraneantes.

A Asociacion Xuvenil Taiña anima a participacion neste festival do antroido.

Para máis información www.festivaltaina.com.