26/1/08

Reedición da entrada do martes 22 de xaneiro de 2008

NOVA CONVOCATORIA DE REUNIÓN NA DEVESA
Aínda que neste blog non hai intercambios culturais, mensaxes institucionais de alcaldes, nin anda Polanski botando un ollo... O que si hai é unha interessantísima reunión o próximo venres día 25 ás 23:00 horas, con moitos temas importantes que expoñer, tratar, debater, ...E por suposto os interesados que aínda non sexan trezecatorzeadores e que o queiran ser, poden asistir sempre e cando leven unha fotocopia do DNI (requisito sine qua non para ser socio).

3 comentarios:

Anónimo dijo...

REEDICIÓN, POR PROBLEMAS TÉCNICOS, DOS COMENTARIOS DO MARTES 22 DE XANEIRO.

Manelson dijo...

a que hora??? as 11??? merda, non podo, tenho turno de noite.
seria a ostia poder ler algun resumo delgunha acta de reunion,,, mais que nada,, para saber como vai a cousa.
Un abrazo!!!!!





O presi dijo...

Buenas! Que tal vai todo por aí? Mira o último comentario da anterior convocatoria de reunión (Sábado 12). É a acta oficiosa desa reunión. Veña, outro abrazo!
Un presi pa servirles...
(Es que se acercan las elecciones y e lo que tiene...).
Por cierto, votaréis,no?




Anónimo dijo...

???



Anónimo dijo...

PRESI FEO
FNMDO:DENTE

Anónimo dijo...

Queridos trezecatorzeadores:

Aquí estamos informándovos das novas que nos deixou a reunión do 25 de xaneiro de 2008. Antes de nada queremos que sexades conscientes de que a asociación vai a toda marcha, que temos moitísimas ideas e ganas de traballar. Onte, por fin, falouse de feitos e de números, é decir, de realidades e iso vai xerando unha emoción palpable nas reunións.

Desta vez vimos cargados de moitas e boas novas. E sen máis demora, aquí volas reflexamos:


1ºpunto: Solicitude da escola de parvulario de Cabreira para empregala como sede da asociación. Esta iniciativa ten gran importancia xa que o feito de ter que quedar nos bares para celebrar as reunións limítanos en espazo e tempo (onte a unha da mañá tivemos que marchar da Devesa porque querían pechar). Actualmente, o edificio pertence ao Ministerio de Educación polo que o alcalde de Salvaterra comprometeuse a recuperalo para o Concello e, feito isto, a escola será nosa.


2ºpunto: O Concello de Salceda subvenciona ás asociacións existentes cunha contía que varía en función dunhas premisas como poden ser: o número de socios, a antigüidade da asociación, actividades realizadas... Tendo en conta isto, solicitarémola en canto saia a convocatoria.


3ºpunto: Estruturación provisional do día da presentación da asociación.

- Escolléronse dúas datas posibles para este evento: 10 de maio ou 17 de maio. O día elexido dependerá de se o 17 se celebra o famoso festival de Mos "A Sacho". Se así fora, a data oficial sería o 10 de maio.

- Xa contamos cun presuposto de son. Atopámonos con que a contía varía considerablemente dependendo de se o concerto se realiza en exterior ou interior. Pídennos entre 1000/1500€ para interior (4000 W) e 3000€ para exterior (40000 W). No entanto, temos pendentes dous novos orzamentos doutras empresas polo que poderiamos mellorar as cifras.

- Decidiuse por votación que o concerto terá lugar nun espazo interior, considerando como máis oportuno a Devesa. As razóns determinantes foron: o elevado presuposto da equipa de son, o alugueiro dunha carpa por risco de chuvia (sobre 1000€), montaxe dun escenario,...A isto hai que engadirlle o risco que asumimos co tema meteorolóxico xa que, se nos ven unha mala noite, estar ao frío resultará desagradable. Facendo contas, a diferenza era descomunal (falamos duns 4000€). Polo que, moi ao noso pesar, optamos por efectuar o concerto no interior.

- Xa temos novas do gran grupo convidado para a nosa presentación. Dispoñemos do "rider" e do custo da súa actuación e podemos asegurar que se trata dunha cifra asequible.

- Encamiñamos varias actividades para realizar durante o día. Estas son algunhas delas:
a)Montaremos distintos postos de artesanía.
b)Tentaremos traer unha pequena obra de teatro representada por membros da Escola Superior de Arte Dramático de Vigo.
c)Chiwi encargarase de levar a cabo un taller de cestería.
d)Temos pendentes respostas por parte de malabares, grafiteiros, palilleiros e distintos hippys máis.
e)Unha exposición de fotos antigas de Salceda.
O lugar elexido para a realización dos actos foi o parque da Devesa (sempre e cando teñamos o permiso do Concello) quedando así toda a actividade concentrada no mesmo espazo.


Con isto, demos por concluida a reunión deixando para o final a nova máis salerosa aportada por un socio: estase rematando un autobús de dúas plantas, habilitado para 20 persoas, con cociña, comedor, baño e camas, e a Asociación Trezecatorze vai ter o privilexio de inauguralo.

A reunión tivo unha asistencia ínfima (pero con moitas baixas xustificadas) e transcurriu correctamente.

Un saúdo. A secre.

Fran dijo...

Os problemas técnicos xa están solucionados. Gracias pola comprensión.
Por certo, a próxima reunión será o sábado 9 de febreiro ás 20:00 horas.
Anunciarase con tempo para que ninguén se esqueza. E tamén se publicará a orde do día para que a xente veña con cantas máis ideas mellor.
Bikos no cu.