6/12/09

II Feira Conciencia Ecolóxica en Salceda, Xornadas de Consumo Responsable

Moi boas!

Un ano máis, a Asociación C.D.E. Treze Catorze ten o pracer de organizar a II Feira CONciencia Ecolóxica, Xornadas de Consumo Responsable.

Este ano contamos cunha ampla programación de actividades polo que vos animamos a que pasedes o próximo 19 e 20 de decembro a partires das 11:00h da mañá pola Praza do Concello de Salceda de Caselas e que botedes unha ollada. Aclaramos que todas as actividades que se presentan son totalmente gratuitas. Ademáis, imos contar cunha carpa que permanecerá aberta durante todo o día na que haberá un mercadiño con stands de produtos ecolóxicos, de comercio xusto e artesanía (gran oportunidade para ultimar os agasallos de Nadal), ademáis de postos de información de ong´s e de asociacións ecolóxicas que estarán a vosa disposición para calquer dúbida que queirades consultar.

Como non podía ser doutra forma, a Asociación Treze Catorze non se esquece da troula e, por iso, contaremos tamén con moi boa e variada música ao remate de cada xornada: O sábado o "Grupo de gaitas de Castro Barreiro" e "Cencerro Negro" (timbalada de Vigo) , e o domingo o grupo local de metais "Be Metals".



Unha forte aperta. Saúde!!






PROGRAMACIÓN



Sábado 19

12:00 - Charla / Conferencia: “Conservación da micobiota Galega” (Oscar Requejo).
17:00 - Charla / Conferencia: “Por que son necesarias as alternativas á banca? (Eva Gil).
17:00 - Obradoiro: Adornos de nadal a partir de material de refugallo (María Xosé Castro).
19:00 - Charla / Conferencia: “Introducción á agricultura ecolóxica” (Belén Fervenza Couñago e Xacobe Ojea Reyes).


20:00 - Música en directo: Música tradicional “Grupo de Gaitas de Castro Barreiro”.

21:00 - Música en directo: Timbalada “Cencerro Negro” (Vigo).


Domingo 20

12:00 - Charla / Conferencia: “Land art. A arte como ferramenta na restauración de canteiras na Galiza” (Almudena Rodríguez).
13:00 - Obradoiro: Comida Vegana. Asociación Cultural Caleidoskopio (Paula e Tedi). Previa inscripción (660235277).
16:30 - Charla / Conferencia: “A naturalización do Eucalipto e o seu impacto no Ecosistema Galego” (Sergio Quiroga).
17:00 - Obradoiro: Abelorios con materiais reciclados (Neida Vila / Olaia González).
18:00 - Charla / Conferencia: “O textil no mundo” (Neida Vila).


20:00 - Música en directo: Grupo de metais “Be Metals” (Salceda).



Sábado e Domingo

Exposición: “Operación Monarca (Migración extraordinaria dunha bolboreta)”.
Exposición: “O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción (Cambio climático)”.
Mostra de produtos ecolóxicos, comercio xusto, artesanía e ONG´S.


· Sábado e Domingo apartires das 11 na Praza do Concello.
· Charlas, conferencias e exposicións teran lugar no auditorio municipal o resto de actividades na praza do concello.


2/12/09

A LNB réndese ante as nosas palanadoras

Menudo piropos din na crónica do blog oficial da pincha... Os homes da 13/14 son bastantes malos... pero as mulleres trezecatorzeadoras manteñen o nivel... e incluso levan premios!!




Ghuapas!!
Extracto da crónica:

  • Pauliña convertiuse na primeira xogadora en facer un varado, e Ana Diz e Lorena tamén conseguiron os seus.
  • ...e as mulleres demostraron o altísimo nivel que están acadando esta tempada cos primeiros varados con selo feminino na LNB Sur: o primeiro foi de Pauliña (Treze Catorze), á que seguiron a súa compañeira Lorena e Ana Diz (Faísca).
  • Pero realmente impresionante foi comprobar o altísimo nivel que están a acadar as palanadoras, e non só a base de varados. Lorena de Treze Catorze quedou co premio á mellor muller do torneo, ao caer en cuartos diante do campión e líder do campionato: Chupi. O sábado tamén pasaron de rolda Fátima, Ana Diz, Pauliña e María da Ghudalla. Elas as cinco parecen as máis fortes desta tempada,...

(Máis en http://lnbsur.wordpress.com/)







Pois noraboa raparigas, e a seguir entrenando!

18/11/09

Volve a pincha a Salceda, hai que roelos!!!

Si, xa sei que non o organizamos nós, pero a nova ben merece unha actualización (e ademáis, apetecíame escribir algo que o coitado do blog levaba meses abandonado).

Pois iso, que o noso eterno rival na Liga Nacional de Billarda vai organizar a vindeira proba puntuable da Conferencia Sur, o sábado 28 de novembro seica, disque, no pavillón de Parderrubias.

Alí estaremos dopados coa poción máxica dos nosos camaradas Orlando e Dolores, para demostrarlles a eses Pincharango quen é o primeiro equipo de Salceda!!!

Así que socis, todo dios a entrenar... HAI QUE ROELOS!!!


Charli, así non se entrena...

8/9/09

VI FOLIADA GALEGO-CATALANA 2009




VENRES, 11 DE SETEMBRO

Ás 12 h. Acollida e presentación da Foliada 09. Animación de rúa a cargo dos Croquetas.


Ás 14 h. Xantar acollida amenizado polos Croquetas.


Ás 16 h. Actuación dos Veraneantes.


A partir das 17 h. Comezo dos obradoiros no campo da Feira:


Obradoiro de fabricación de xabrón a partir de aceite reciclado.
Obradoiro de elaboración de pancartas reivindicativas.
Obradoiro reparación de bicicletas.
Obradoiro de elababoración de cruces reinvindicativas.
Obradoiro de elaboración de porterías para o futbolín humano.


Ás 18 h. Encontro sobre outras posibilidades de alimentarnos, producir e/ou consumir no Multiusos da Xunqueira.


Ás 19 h. Inauguración simbólica dunha parada de autobús na Praza da Constitución e a continuación intervención teatral dos Oprimidos.


A partir das 20 h. Animación de rúa a cargo dos Veraneantes.


Ás 21 h. Cea.


A partir das 22 h. Concertos no anexo do campo de fútbol do Choco:


TOK (Redondela).
ES MOLT BAND (Nou Barri).
TRASNOS DE MOSCOSO (Galiza).
MAS KINTOS (Nou Barri).
DJ.



SÁBADO 12 DE SETEMBRO

Ás 10 h. Almorzo.


A partir das 11 e durante toda a xornada no campo da Feira.


Feira de produtos locais e/ou ecolóxicos.
Feira de artesanía.
Feira de entidades.

De 11 h a 14 h. Feira de troco no campo da Feira.


Ás 11 h. Roteiro pola zona onde está proxectada a Autovía e encontro de mobilidade incluído dentro do roteiro.


Ás 12 h. Encontro de colectivos de consumo alternativo no multiusos da Xunqueira.


A partir das 12. Animación de rúa a cargo da Charanga do Metal.


Ás 14 h. Xantar popular.


Á partir das 17 h.
No campo da Feira: O xogo da Coca.
No paseo da Xunqueira xogos populares Galegos: O xogo da Billarda, Trompos, Arrebolamento de sacho (Organizado por nós).
Na alameda: Futbolín humano (ao lado do palco); Variado de xogos tradicionais galegos (corda, sacos, chave…).


A partir das 17:30 h.
No campo da Feira:
- Obradoiro de fabricación de xoguetes.
- Obradoiro de reciclaxe.
- Obradoiro de fabricación de sombreiros. Tempo de xogos.
- Escalabirras.
Na Casa do Mar: Pintada dun mural de mobilidade.


Ás 19 h. Encontro de locais sociais no Multiusos da Xunqueira.


A partir das 20:30. Animación de rúa a cargo das gaiteiras da Lúa Meiga seguido de un obradoiro de baile tradicional galego.


A partir das 21 h. Serán mestizo acompañado de pincho nocturno.


As 23:30 h. Diables e correfocs.


Xa de madrugada. Concertos no anexo do campo do fútbol do Choco:


Herederos del taxi (NB).
Os tres trebóns (GZ).
DJ Can de Palleiro (NB).




DOMINGO 13 DE SETEMBRO

A partir das 8 h. Almorzo.


Ás 9 h. Visita a Illa de S. Simón e conferencias sobre a Rede Natura 2000. Para reservar praza, terán que chamar ao teléfono 986 401713 ou pasar pola Oficina de Turismo de Redondela en horario de 9-14,00 horas ou de 16 a 21 horas. Prazo de reservas do luns 7 de setembro ao venres 11 de setembro.


As 12 h. Jam de masaxes e taller de caricias. No pavillón.


A partir das 14 h. Xantar despedida e avaliación.


ACTIVIDADES PERMANENTES:


Taller de autoreparación de bicicletas.
Hortas comunitarias de Can Masdeu + documental “Soja tour” (Multiusos da Xunqueira).
Exposición centro social Can Masdeu (Multiusos da Xunqueira).
Retrospectiva de la foliada 2008 en Nou Barris (Discotasca).
Obradoiro de personalización de camisetas (Campo da Feira).
Fotomatón (Campo da Feira).
Anxeles tal como somos (Multiusos).
Feira de produtos locais e /ou ecolóxicos (Sábado todo o día).
Feira de entidades (Sábado todo o día).
Feira de artesanía (Sábado todo o día).

31/3/09

PRESENTACIÓN MUNDIAL DO CARTEL DA II FESTA TREZECATORZEADORA



Proximamente, máis info no ligazón www.festatrezecatorzeadora.blogaliza.org









2/3/09

Proposta dos primos da Fontedapedra: Juan e Mirito


E isto quedaría na camiseta tal que asín:

17/2/09

II CONCURSO DE CAMISETAS!!!!!!!!!!!!!

Ahí van as propostas do primeiro concursante Don Almendrón I de Tailandia












A asociación 13-14 convoca a toda a xentiña trezecatorzeadora (e demais amijhos) a crear o novo DESEÑO DA CAMISETA 2009... Hai que deseñar toda a camiseta:




  1. Debuxo

  2. Lugar onde vai o debuxo e o logotipo (a chave)

  3. Color (opcional)


Bases:



1º- Poderase presentar un número indefinido de debuxos por persoa.

2º- Os concursantes deberán enviar os seus deseños ó correo da asociación [trezecatorze@gmail.com].

3º- Se algún o prefire os pode presentar tamén en persoa nas reunións...

4º- A data límite de presentación será: o máis rápido posible, urxe!!!

5º- O gañador/a decidirase por votación nas reunións.



Esperamos que colabore o maior número de xente posible, estea en Galicia, Madrid, Barcelona, Mallorca, Francia, Italia, Chile, Tailandia, etc. etc...



Animádevos trezecatorzeadores e participade...

ME CAJHO EN DIOS!!!



MOITA MERDA E QUE JHAÑE O MELLOR!!!

3/2/09

Que pasaría neste Nadal...??


Pois ahí van unhas fotiños para que queden para historia... Que nos collan a todos confesados!!!

1º.- A multitudinaria cea da Asociación. Gracias Sito por encargarte de organizar todo e sentimos moito que non poideses vir.










2º.- Fin de ano:














Isto é todo chavales. Feliz ano novo a tod@s e a seguir armando festa!!