26/4/11

Señores, Señoras: Xa non queda nada para a ... ... ... IV FESTA 13/14







Amigos da festa, da algueirada, da esmorga, da xolda e da troula, a Asociación Cultural Deportiva e Ecoloxista Treze Catorze convídavos o 12-13-14 de maio a súa IV Festa Trezecatorzeadora cun menú cheo de repeniques e trouleos. Será unha xornada chea de felicidade musical, gastronómica e por suposto festeira. Desde a sesión vermú, o afinar dos instrumentos populares, as tapiñas para que non sente mal o viño até a madrugada, esperámosvos coas vosas ganas de troula e as vosas dotes para bailar funky, skas, reegues, e moito máis! Apertas e até PRONTO.







7/4/11

ÁRBORES SENLLEIRAS EN ENTENZA, SALCEDA DE CASELAS




A A.C.D.E. Treze Catorze vai solicitar que as Sobreiras da Ascensión na parroquia de Entenza sexan inscritas no "Catálogo Galego de árbores senlleiras".
Para iso organizamos o vindeiro sábado 16 de abril este acto no que invitamos a todo o mundo a que se achegue ata alí para coñecer un pouco máis esa Salceda descoñecida pero cun valor incalculable.

Vémonos o sábado 16 de abril ás 12:00 na Ascensión.