Os organismos modificados xeneticamente (Oxm´s) obtéñense mediante a enxeñería xenética, que permite crear plantas, animais e microorganismos manipulando os seus xenes.
Nos últimos anos, esta técnica foi utilizada para intentar introducir novas características nos cultivos e, dende fai pouco máis dunha década, seméntanse nalgúns países variedades modificadas xenéticamente (Oxm´s), principalmente soia, millo, algodón e colza.
Por outra parte, os coñecementos científicos actuais non son suficientes para predicir con exactitude tódalas consecuencias da manipulación do novo organismo no que se introduciron xenes estraños, nin a súa evolución e interacción con outros seres vivos unha vez liberado un Oxm´s ao medio ambiente.
Tras once anos de cultivo, comprobouse que as sementes modificadas xeneticamente non reportan os beneficios prometidos pola industria biotecnolóxica.
• Contaminacións xenéticas por produtos químicos.
• Perigo para a biodiversidade silvestre e agrícola.
• Erosión dunha agricultura e alimentación libres de transxénicos.
• Danos a labregos e labregas por perda de mercados.
• Conflitos entre labregos e labregas.
• Expulsións do ciclo produtivo dos labregos e das labregas de menor escala.
Os impactos sobre o medio ambiente están cada vez máis documentados:
• Contaminacións de especies silvestres emparentadas.
• Redución da biodiversidade.
• Contaminacións químicas do solo e dos acuíferos.
A utilización da enxeñería xenética na agricultura non pode considerarse unha simple ferramenta de produción. O debate sobre os cultivos MX vai moito máis alá da mera aplicación dunha tecnoloxía nova, e prantexa certas cuestións éticas ca sociedade non pode eludir.
No Estado Español cultívanse arredor de 77.000 Ha de cultivos MX, sendo o líder europeo no mesmo, tamén un dos principais exportadores deles.
O mercado transxénico apóiase na obtención de patentes e no cobro de dereitos sobre a utilización das sementes. Está en xogo nada menos co control da agricultura e a alimentación nunhas poucas mans. Esiximos o dereito a Soberanía Alimentaria, entendendo como tal o dereito a elixir sobre que tipo de alimentación queremos consumir, quen a vai producir, como e onde se vai cultivar e na elección das políticas agrarias que nos afectan como Pobo.
A soberanía e a nosa seguridade alimentaria dependen da nosa biodiversidade e da riqueza dos nosos pobos coma consecuencia da sabedoría e os coñecementos transmitidos de xeracións en xeracións.
O mantemento dunha agricultura libre de transxénicos é indispensábel perante dos moitos interrogantes en termos de rendemento, de problemas ambientais, ou de saúde, dos cultivos manipulados xenéticamente.
O mundo necesita enfoques agrícolas sostíbeis, é hora de que os gobernos e os especialistas adiquen as súas enerxías e recursos a desenvolver tecnoloxías e políticas compatíbeis coa protección do medio ambiente, unha produción segura e de calidade, un reparto xusto entre tódolos seres humanos e por suposto unha clara información os/as cidadáns.
Os/as cidadáns endexamais demandaron alimentos transxénicos.
Nin os demandan hoxe en día.
Por todo elo, imos celebrar unha charla informativa o vindeiro xoves 25 de novembro ás 20:00 na Casa da Cultura de Salceda de Caselas para informar deste problema ós veciños da vila.
1 comentario:
different stretch mark treatments [URL=www.ezinearticles.com/?Remove-Stretch-Marks---Easiest-Way-to-Remove-Stretch-Marks&id=1395404"]how to remove stretch marks[/URL] laser stretch marks
Publicar un comentario