Nós, mozos a mozas, a xuventude sen futuro, dirixímonos à opinión pública para amosar o noso desacordo coa política de recortes sociais do Goberno, e a consecuencia máis grave e con maior impacto no futuro que estas medidas representan: a xuventude máis preparada da nosa historia vai vivir peor que os seus pais.
A agresión contra o colectivo xuvenil nun escenario de crise capitalista, cunha taxa de paro xuvenil do 40%, a máis alta da UE, materialízase principalmente en tres medidas:
A reforma laboral, que aumenta a temporalidade dos nosos contratos, a flexibilidade laboral e supón a desaparición da negociación colectiva, converténdonos traballadores/as precarios/as de por vida.
A reforma do sistema de pensións, que retrasa a idade de xubilación e reduce a contía das nosas futuras pensións e dificúltanos aínda máis atopar un traballo digno. Todo isto formúlanos un horizonte sen futuro.
A mercantilización da Educación Pública, que aposta pola rentabilidade privada, e non pola formación e o coñecemento. Unha universidade de elite para unha minoría e fábrica de precarios para unha maioría, con medidas que concretanse nunha nova selectividade que
pon trabas ao acceso á universidade e na degradación da formación profesional.
Somos as mozas e os mozos a quen ás elites económicas e as políticas dos nosos gobernos quéren converternos na xeración sen formación, nin traballo, nin pensión digna. Aqueles que, ademais non imor ter unha casa na nosa vida, dende que os especuladores fixeron do dereito á vivenda un negocio co que enriquecerse; un modelo de crecemento económico que fracasou e xerou esta crise. Tomamos conciencia de que as medidas de saída da crise económica realizáronse a través dunha constante socialización das perdas.
Fronte á saída da crise pola dereita, nos, a xeración precaria, sinalamos aos culpables e reivindicamos ser escoitados.
Queremos recuperar a nosa capacidade para ser actores dun motor de cambio, combatendo un país de precariedade, desemprego e privatización da nosa educación. Somos ademais conscientes de que a mobilización e a loita teñen un sentido, pero sobre todo de que son necesarias; Italia, Francia, Grecia ou Islandia ensínannos que a mobilización é indispensable. O mundo árabe amósanos que a vitoria é posible.
Por iso facemos un chamamento a un ciclo de mobilizacións que recuperen a voz da xuventude na rúa, e facémolo extensivo á sociedade civil. Nos non nos fiamos, sabemos que isto soamente solucionarémolo sen os que causaron esta crise. Instamos a emprender a mobilización colectiva, a reivindicar o noso dereito a disentir, a reconstruír o noso futuro.
Os abaixo asinantes, estudantes e membros da comunidade educativa, xoves traballo
dores e traballadoras, movementos sociais, profesionais da ciencia, a técnica, mundo da cultura e das artes avalan coa súa firma este chamamento á mobilización.
«Quitástesnos demasiado, agora querémolo todo»
No hay comentarios:
Publicar un comentario