Este 2 de Outubro celebraráse a IV Limpeza Simultánea de Ríos. Xa levamos colaborando co Proxecto Ríos (quen organiza este día de Limpeza Simultánea en numerosos concellos de Galicia) dende o ano 2008.
É un día no cal voluntarios e voluntarias saen aos seus ríos para recoller o lixo que atenta contra a riqueza dos nosos ecosistemas fluviais. Miles de quilogramos de refugallos xa foron extraídos de moitos ríos galegos polos centos de voluntarios/as que teñen participado nas limpezas anteriores.
Animámosvos a participar este ano para que vos acheguedes ao voso río e recollades ese lixo que acaba coa súa biodiversidade e beleza.
O máis importante deste día é a labor de concienciación social que entre todos e todas realizamos. Axudamos a manter un bo estado de conservación nos nosos ecosistemas fluviais e facémoslle ver á cidadanía que as pequenas accións valen moito.
Como cada ano, limparemos un treito do noso Río Caselas.
Se estás interesado en participar podes porte en contacto con nós:
Correo: trezecatorze@gmail.com
Tlf: 615421199
No hay comentarios:
Publicar un comentario