Contra a crise... Festa de balde!
A ACDE TREZECATORZE presenta a V Edición do seu festival de música e artes populares. Convencidos de que os cortes e recortes sempre empezan polo lúdico-cultural este ano celebramos o lustro cun espectáculo máis ambicioso que nunca e de balde coma sempre:
VENDETTA (Nafarroa). Única data en Galiza do grupo formado polos ex compoñentes de Skalariak que veñen desde a Comunidade Foral a presentar o seu segundo disco “Puro Infierno”.
TERBUTALINA (Muros). A esperanza máis irreverente da música galega presentará o seu novo traballo “Broncodilatador” que, segundo eles, “proporsiona e jarante un alivio rápido dos síntomas tales como o apapahostiamento e o lambeconismo”.
MARXE ESKERDA (Redondela). Logo dun primeiro disco de título homónimo (2010) presentarán en Salceda o seu novo traballo de estudio que sairá a luz no verán. Son contundente e sen bandeiras.
Ademais, desde o vermú (12:00h.) haberá: pulpeiro, grupos de gaitas (Os Chikilicatorzes+Grupo de gaitas Carballeira), circo de rúa, graffiteiros, danza, actividades de apoio ao 15-M, xogos populares, a charanga SGHAE, chourizada popular, bingo musical e o grande concurso de Saltos de 13-14´s!!!!
Todo isto, carpa e acampada incluída, máis algunha sorpresa, o 12 de Maio de 2012 en Salceda de Caselas.
2 comentarios:
Sodes moi ghrandes!!!!
Vendetta en Galicia!!!!
Publicar un comentario