21/3/11

Noraboa Oscar!

Oscar Requejo, veciño de Salceda de Caselas, secretario do Grupo Micolóxico Galego e compañeiro e socio da Asociación Treze Catorze, ven de editar a Guía Micolóxica do Río Caselas. A presentación deste libro tivo lugar no Muíño dos Cregos (Laxe) e asistiron ademais do autor, Marisa Castro, Presidenta de Honra do Grupo Micolóxico Galego e Marcos Besada, alcalde de Salceda.O alcalde salientou a valía e recoñecemento do autor, residente en Salceda. Ademais xustificou que o Concello de Salceda de Caselas colaborara financiado este proxect
o, xa que o considera o complemento perfecto á Senda e ó Parque Etnográfico dos Muíños do Río
Caselas.
Oscar Requejo, pola súa banda pediu que se lea o libro enteiramente, xa que é a maneira de aprender e comprender o mundo dos fungos. Quixo destacar a importancia destes seres vivos e a súa función na natureza e nos ecosistemas e que é importante conservalos e protexelos. Salientou que no libro aparecen unhas 100 especies das máis de 200 que xa ten catalogadas no entorno do Río.
Marisa Castro agradeceu o traballo de Oscar, que o cualificou de responsable, estrito e meticuloso. Chegou a afirmar que “está nacendo un piar da micoloxía galega”.
Este é o primeiro libro sobre a micoloxía en Salceda de Caselas escrito por por un dos máis expertos na materia en toda Galicia, Oscar Requejo. Con esta publicación pretendese dar a coñecer todos os cogomelos que habitualmente podemos encontrar no entorno do noso Río e poder catalogalos. Podemos atopar os cogomelos mais habituais, pero tamén os mais raros. Temos que ter en conta que hai que respectar os fungos e non facer un mal uso deles, xa que nas últimas décadas sufriron constantes agresións ata o punto de que algúns están en perigo de extinción.

No hay comentarios: