20/6/08

RUTA DE SENDEIRISMO ECOLOXISTA




A Asociación C.D.E. Treze Catorze organiza unha ruta ecolóxica polo Río Caselas.

A ruta comezará na Praza do Concello e rematará en San Cibrán. Durante o seu transcurso pasaremos por lugares de interese como son muiños de auga, lavadoiros, petos de ánimas, cortellas, soutos de castiñeiros ou o nacemento do Río Caselas.

Polo camiño iremos recollendo o lixo que encontremos.

Na chegada, xantaremos no merendeiro de San Cibrán (traede a vosa comida que nós a levaremos ó lugar de chegada).




SAÍDA: Sábado, 28 de xuño (10:00 h) dende a Praza do Concello.