6/12/09

II Feira Conciencia Ecolóxica en Salceda, Xornadas de Consumo Responsable

Moi boas!

Un ano máis, a Asociación C.D.E. Treze Catorze ten o pracer de organizar a II Feira CONciencia Ecolóxica, Xornadas de Consumo Responsable.

Este ano contamos cunha ampla programación de actividades polo que vos animamos a que pasedes o próximo 19 e 20 de decembro a partires das 11:00h da mañá pola Praza do Concello de Salceda de Caselas e que botedes unha ollada. Aclaramos que todas as actividades que se presentan son totalmente gratuitas. Ademáis, imos contar cunha carpa que permanecerá aberta durante todo o día na que haberá un mercadiño con stands de produtos ecolóxicos, de comercio xusto e artesanía (gran oportunidade para ultimar os agasallos de Nadal), ademáis de postos de información de ong´s e de asociacións ecolóxicas que estarán a vosa disposición para calquer dúbida que queirades consultar.

Como non podía ser doutra forma, a Asociación Treze Catorze non se esquece da troula e, por iso, contaremos tamén con moi boa e variada música ao remate de cada xornada: O sábado o "Grupo de gaitas de Castro Barreiro" e "Cencerro Negro" (timbalada de Vigo) , e o domingo o grupo local de metais "Be Metals".



Unha forte aperta. Saúde!!






PROGRAMACIÓN



Sábado 19

12:00 - Charla / Conferencia: “Conservación da micobiota Galega” (Oscar Requejo).
17:00 - Charla / Conferencia: “Por que son necesarias as alternativas á banca? (Eva Gil).
17:00 - Obradoiro: Adornos de nadal a partir de material de refugallo (María Xosé Castro).
19:00 - Charla / Conferencia: “Introducción á agricultura ecolóxica” (Belén Fervenza Couñago e Xacobe Ojea Reyes).


20:00 - Música en directo: Música tradicional “Grupo de Gaitas de Castro Barreiro”.

21:00 - Música en directo: Timbalada “Cencerro Negro” (Vigo).


Domingo 20

12:00 - Charla / Conferencia: “Land art. A arte como ferramenta na restauración de canteiras na Galiza” (Almudena Rodríguez).
13:00 - Obradoiro: Comida Vegana. Asociación Cultural Caleidoskopio (Paula e Tedi). Previa inscripción (660235277).
16:30 - Charla / Conferencia: “A naturalización do Eucalipto e o seu impacto no Ecosistema Galego” (Sergio Quiroga).
17:00 - Obradoiro: Abelorios con materiais reciclados (Neida Vila / Olaia González).
18:00 - Charla / Conferencia: “O textil no mundo” (Neida Vila).


20:00 - Música en directo: Grupo de metais “Be Metals” (Salceda).



Sábado e Domingo

Exposición: “Operación Monarca (Migración extraordinaria dunha bolboreta)”.
Exposición: “O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción (Cambio climático)”.
Mostra de produtos ecolóxicos, comercio xusto, artesanía e ONG´S.


· Sábado e Domingo apartires das 11 na Praza do Concello.
· Charlas, conferencias e exposicións teran lugar no auditorio municipal o resto de actividades na praza do concello.


1 comentario:

Anónimo dijo...

Moitas grazas polo voso traballo. Contribuides a que Salceda e as súas xentes estean vivas.
Seguide así.