do noso gran festi está ó cair!! E xa van 9!
Outro ano máis, traemos para todos
os públicos unha gran finde festeira no noso concello.
E esta novena edición ven cargada de
novidades e espéctaculos que non vos deixarán
indiferente.
Comezamos o Venres 13, ca refrescante Xira Taberneira onde podremos prepararnos para o que nos espera a noite, nin mais nin menos que a Cromática Pistona! Un grupaso que alterará as hormonas de calquera que escoite os seus ritmos. E cando lle deixemos poñer fin a actuación, seguiremos ghastando suela con Mijel Inllo e unha das súas extravagantes sesións. Todo isto na Sala 900 de Salceda!!
O sábado 14, ainda cos osos quentes, comezamos a Megasesión Vermú, onde Os Tres Trebóns, que serán o prato forte, Los Pontiaks e o incansable Ce Orquesta Pantasma farannos disfrutar dun mediodía enerxético, e posteriormente recuperaremos forzas co Xantar Popular, para continuar ca festa!
Pola tarde celebraremos as tradicionais Olimpiadas TrezeCatorze, mentres outros lle botan un vistazo o Mercadillo, para continuar cun alegre Obradoiro de Swing! E veña baileeee....
Os Peques 13-14 este ano terán un protagonismo destacado dentro da festa co Espazo de Xogo Libre "Xogando Miudíño" e cun Obradoiro de Ioga onde poderán sacar o seu lado máis relaxante e divertido ó mesmo tempo.
E despois de todo este arsenal de música, gastronomía e actividades, daremos paso os concertos tan agardados!
Samba Sem Fronteiras, Alpargata e Station Road, porán o broche de ouro ó festival. Bailaremos,
cantaremos, saltaremos, e moverémos ata o último músculo do corpo cas actuacións que nos teñen preparadas estes tres GRUPAZOS.Samba Sem Fronteiras, Alpargata e Station Road, porán o broche de ouro ó festival. Bailaremos,
Pero inda quedará algún oco no noso almacén de enerxía para difrutar co DJ máis autóctono de Taragoña e da Galiza enteira, DJ Enxébere co seu espectáculo musical garantido!!
Lumeeeee e viva a TREZE CATORZE 2016!!