26/1/08

I CONCURSO DE CREACIÓN DE LOGOTIPO E LEMA PARA A ASOCIACIÓN

A Asociación Trezecatorze precisa un logotipo e un lema para identificala polo mundo adiante. Por iso, animamos a tod@s a que participedes neste concurso.


Bases:

1º- Poderase presentar un número indefinido de lemas e debuxos por persoa.
2º- O debuxo e o lema poden non estar relacionados. É dicir, pódense presentar por separado.
3º- Os concursantes poderán: a) publicar os seus traballos no blog como entrada; ou b) contactar con Chiwi(xosepineiro@orange.es).
4º- A data límite de presentación será o sábado 9 de febreiro ás 20:00 horas.
5º- O gañador/a decidirase por votación na próxima reunión.
6º- Haberá premios (como os do Bingo).

Esperamos que colabore o maior número de xente posible, estea en Galicia, España, Francia, Italia, Tailandia, etc...

Moitas gracias por participar e que gañe o mellor!!