12/4/12

V Festa Treze Catorze, 12 de maio, Salceda





Contra a crise... Festa de balde!

A ACDE TREZECATORZE presenta a V Edición do seu festival de música e artes populares. Convencidos de que os cortes e recortes sempre empezan polo lúdico-cultural este ano celebramos o lustro cun espectáculo máis ambicioso que nunca e de balde coma sempre:

VENDETTA (Nafarroa). Única data en Galiza do grupo formado polos ex compoñentes de Skalariak que veñen desde a Comunidade Foral a presentar o seu segundo disco “Puro Infierno”.

TERBUTALINA (Muros). A esperanza máis irreverente da música galega presentará o seu novo traballo “Broncodilatador” que, segundo eles, “proporsiona e jarante un alivio rápido dos síntomas tales como o apapahostiamento e o lambeconismo”.

MARXE ESKERDA (Redondela). Logo dun primeiro disco de título homónimo (2010) presentarán en Salceda o seu novo traballo de estudio que sairá a luz no verán. Son contundente e sen bandeiras.

Ademais, desde o vermú (12:00h.) haberá: pulpeiro, grupos de gaitas (Os Chikilicatorzes+Grupo de gaitas Carballeira), circo de rúa, graffiteiros, danza, actividades de apoio ao 15-M, xogos populares, a charanga SGHAE, chourizada popular, bingo musical e o grande concurso de Saltos de 13-14´s!!!!

Todo isto, carpa e acampada incluída, máis algunha sorpresa, o 12 de Maio de 2012 en Salceda de Caselas.









9/4/12

NON TODO VAI SER FESTA!

A semana pasada a Treze Catorze fixo unha desas actividades que enchen, demos un paso máis na concienciación dos rapaces e rapazas de Salceda, visitando o IES Pedras Rubias para dar unha charla sobre Agroecoloxía e facendo un pequeno obradoiro moi lúdico sobre as diferencias entre os produtos convencionais e os ecolóxicos.
Graciñas ao profesorado de IES Pedras Rubias por confiar en nós, e aos rapaces e rapazas por aturarnos...

Seica non sobrou nadiña!